Saltar navegación

3. Rumbo á selección

Pictograma dos aros olímpicos

A selección do Comité Olímpico Galego está cada vez máis preto! Agora construiredes novos coñecementos que vos permitirán deseñar probas de selección xustas e rigorosas para o Comité Olímpico Galego. Ao longo desta fase:

  • Deseñaredes quecementos e estiramentos, comprendendo a súa importancia na práctica deportiva.
  • Afondaredes na técnica e execución de diferentes modalidades de atletismo.
  • Xogaredes ás pas, experimentando diferentes tipos de golpes.
  • Buscaredes inspiración nos máximos expoñentes do deporte individual galego.
  • Familiarizarédesvos coa dinámica dun breakout e as súas probas típicas.

Comezamos?

Lectura facilitada

A selección do Comité Olímpico Galego está máis preto!

Agora ides seguir aprendendo cousas novas.

Estas cousas, axudaranvos a crear probas xustas e ben feitas para o Comité Olímpico Galego.

Durante esta parte do traballo:

  • Faredes quecementos e estiramentos.
  • Practicaredes a técnica de diferentes probas de atletismo e pas.
  • Coñeceredes deportistas galegos importantes. 
  • Aprenderedes como funciona un breakout.

Comezamos?

Feito con eXeLearning (Nova xanela)