Saltar navegación

4.1. COG en acción

 

Glosario

Breakout

Pictograma que representa unha persoa abrindo una caixa.

Definición:

Un breakout educativo é unha actividade gamificada no que se debe resolver unha serie de retos, enigmas e probas para “escapar” dunha situación abrindo un cadeado dunha caixa ou conseguir un obxectivo final de aprendizaxe.

Exemplo:

Coa creación deste breakout aprenderemos sobre os deportes individuais e os deportes de pa.

Cadeado

Imaxe dun aparello composto dunha caixa metálica que contén unha fechadura, capaz de bloquear a parte libre dun arco ou aro metálico que vai montado sobre a caixa cunha bisagra.

Definición:

Nun breakout, o cadeado é un dispositivo físico ou ben dixital que desbloquea pistas, caixas, da paso a outra misión, etc. ou é a misión final do xogo.

Exemplo:

Abrimos a caixa misteriosa número 1 atopando a combinación do cadeado.

Enigmas/desafíos

Signo de interrogación

Definición:

Actividade de lóxica, busca, cooperación, cálculo ou de coñecemento dun contido educativo para obter unha pista ou abrir un cadeado.

Exemplo:

Non fomos capaces de resolver o enigma e non conseguimos pasar á seguinte misión.

"Breakout": O facho olímpico galego

Imaxe animada do logo do Comité Olímpico Galego, na que se amosa o facho e os aneis olímpicos

Chegou o momento de que o Comité Olímpico Galego (COG) pase á acción. Como comisionados técnicos, vós sodes as persoas encargadas de deseñar as probas de selección da elite galega dos deportes individuais.

Prestade atención aos requisitos que deben cumprir:

    Tipo de probas

    Teredes que incluír 2 tipos de probas:

    Físicas

    Pictograma dunha deportista

    Consistirán en desafíos similares aos que practicastes na Fase 3:

    • Terán carácter individual ou cooperativo.
    • Versarán sobre exercicios de atletismo e de pas.

    Mentais

    Pictograma dunha persoa pensando

    Serán enigmas pertencentes ás seguintes categorías:

    • Cadeados, caixas e contadores.
    • Mensaxes cifrados e ou invisibles.
    • Quebracabezas, sopa de letras e encrucillados.
    • Códigos QR.

      Nivel de dificultade

      Poderedes optar por 3 niveis de dificultade en función do número e tipo de probas:

      Nivel de dificultade Probas físicas Probas mentais
      Fase comarcal 2 3
      Fase provincial 3 3
      Fase autonómica 3 4

      Orde

      Pictograma con dúas frechas de avanceO breakout de selección será lineal.

      Isto quere dicir que as probas serán consecutivas, a resolución dunha proba levará á realización da seguinte.

      Duración

      Pictograma dun reloxo de areaTeredes que estimar a duración de cada proba.

      A duración aproximada do breakout completo debe ser de 40 minutos.

      O paso a paso

      Para acadar o reto, teredes que traballar de xeito ordenado e seguir unha serie de pasos:

      Pasos a seguir

      Pictograma dunha persoa escribindo nun documento con diferentes apartados1. Definir

      Debedes decidir as características do voso breakout:

      • Nivel de dificultade.
      • Número de probas.
      • Tipo de desafíos (físicos e mentais).
      • Organización do equipo.

      Pictograma dunha persoa ordenando tres obxectos de diferente tamaño2. Ordenar

      Posteriormente deberedes planificar a estrutura do breakout:

      • Orde das probas.
      • Tempo de duración (máx. 40 minutos).
      • Distribución dos espazos.
      • Secuencia do reto.

      Pictograma dunha persoa facendo unha actividade con  unha ferramenta3. Elaborar

      Teredes que deseñar cada proba detallando material, normas, agrupamentos e instrucións.

      Contaredes cunha ficha de rexistro na que poderedes anotar os detalles e definir o premio final.

      Pictograma dunha persoa facendo unha comprobación cunha lista de cotexo4. Revisar

       Unha vez feito o voso breakout, revisade e mellorade o deseño:

      • Comprobade a dificultade das probas e que todo funciona ben. 
      • Revisade que a descrición das probas sexa clara e precisa.
      • Elaborade o solucionario completo.
      • Comprobade que o tempo é axeitado para completar a aventura.

      Pictograma dunha persoa falando en público5. Explicar e demostrar

      Demostraredes o voso breakout á persoa docente para que o avalíe.

      Na Fase 5, teredes ocasión de guiar o voso breakout a outros equipos e de participar nos elaborados por outros compañeiros e compañeiras. 

      Lectura facilitada

      Para acadar o reto, teredes que seguir os seguintes pasos:

      Pasos a seguir

      1. Definir

      Escollede as características do breakout:

      • Dificultade.
      • Número de probas.
      • Tipo de retos (físicos e mentais).
      • Organización do equipo.

      2. Ordenar

      Planificades como será o breakout:

      • Orde das probas.
      • Tempo (máx. 40 min).
      • Espazos.
      • Secuencia.

      3. Elaborar

       Deseñades cada proba:

      • Material, normas, grupos e instrucións.
      • Completade a ficha e decidide o premio final.

      4. Revisar

      Comprobade e mellorade:

      • Dificultade.
      • Claridade das probas.
      • Solucións.
      • Tempo.

      5. Explicar e demostrar

      • Explicade o voso breakout a outros equipos.
      • Probade os breakout doutros compañeiros/as.

      Feito con eXeLearning (Nova xanela)