Saltar navegación

1.1. O Comité Olímpico Galego

 

Glosario

Breakout

Pictograma que representa unha persoa abrindo una caixa

Definición:

Xogo educativo no que se resolven retos ou enigmas para abrir unha caixa ou alcanzar un obxectivo.

Exemplo:

Nesta aventura que comeza aprenderás a facer un breakout.

Comité Olímpico

Pictograma dos aros Olímpicos

Definición:

Organización que coordina os xogos e as competicións deportivas.

Exemplo:

O alumnado converterase nun Comité Olímpico o cal deberá organizar as probas físicas que se terán que superar.

Enigma

Pictograma dun xeroglífico

Definición:

Pregunta ou problema que hai que resolver.

Exemplo:

Xoana intentaba resolver o enigma do xeroglífico, para abrir o cadeado.

Pista

Pictograma dunha nota colgada nun taboleiro

Definición:

Información ou sinal que axuda a resolver un enigma.

Exemplo:

Na espaleira había unha pista escondida que indicaba como abrir o cadeado.

O reto

Benvidos e benvidas ao novo Comité Olímpico Galego (COG), unha organización creada recentemente co obxectivo de seleccionar as mellores persoas deportistas que representarán a Galicia en competicións internacionais do máis alto nivel.

Para poñervos en contexto, premede no play e visualizade o seguinte vídeo sobre o movemento olímpico e o novo COG. Prestade atención, xa que contén unha mensaxe importante sobre o reto que vos agarda.

Lectura facilitada

Benvidos e benvidas ao novo Comité Olímpico Galego (COG).

O Comité Olímpico Galego (COG) creouse recentemente.

O seu obxectivo é seleccionar as mellores persoas deportistas galegas.

O seguinte vídeo fala do movemento olímpico e o Comité Olímpico Galego.

Tamén ten unha mensaxe importante sobre o reto que vos agarda.

Premede no play para descubrilo.

Os requisitos

O proceso que ides deseñar ten que ser, entre outras cousas, dinámico. Iso significa que non será unha simple lista de probas nin unha avaliación tradicional. Terá movemento, decisións rápidas, colaboración, presión e resolución de probas en tempo limitado.

Por iso vai ter forma de breakout

Pictograma dun cadeado cunha chaveUn breakout é unha dinámica baseada en enigmas e desafíos que deben resolverse para ir abrindo cadeados, caixas ou probas ocultas.

Pictograma dunha lupaNon se trata só de saber, senón de pensar, cooperar, analizar pistas e tomar decisións baixo presión.

Pictograma con dúas frechas de avance de esquerda a dereitaCada proba superada permite avanzar cara á seguinte, ata acadar o obxectivo final: abrir a derradeira caixa que garda o equipamento oficial do Comité Olímpico Galego.

Pictograma da bandeira de GaliciaEste equipamento é a peza que distingue ás persoas elixidas para defender as cores de Galicia no máis alto nivel deportivo.

Lectura facilitada

O proceso que deseñaredes será dinámico.

Terá movemento, decisións rápidas, colaboración, presión e resolución de retos en tempo limitado.

Vai ter forma de breakout

Nun breakout hai que resolver desafíos.

Esta resolución permite ir abrindo cadeados, caixas ou probas ocultas.

Cómpre pensar, cooperar, analizar pistas e tomar decisións baixo presión.

O obxectivo final é abrir a derradeira caixa.

Esta caixa ten o equipamento oficial do Comité Olímpico Galego.

Apoio visual

Estrutura dun Breakout lineal no se se amosa unha secuencia de probas tipo dun breakout

Feito con eXeLearning (Nova xanela)