Saltar navegación

1.2. Obxectivos

Obxectivos

  • Practicar e desenvolver as habilidades motrices básicas e específicas do atletismo e das pas.
  • Comprender e utilizar os fundamentos técnicos e regulamentarios do atletismo e das pas.
  • Mellorar a coordinación, a precisión, a velocidade e o control corporal.
  • Traballar en equipo de xeito colaborativo e respectuoso, empregando as habilidades sociais e o diálogo para resolver conflitos.
  • Levar a cabo unha práctica motriz saudable e responsable cos demais e co medio.
  • Empregar aplicacións dixitais como apoio na práctica de actividades físicas.

Que vou aprender?

Pictograma dunha persoa realizando saltos a pés xuntos sobre liñas a diferentes distancias

1. Empregar correctamente as habilidades básicas e específicas do atletismo e das pas.

Pictograma dun equipo de persoas reunidas

2. Traballar en equipo para planificar, deseñar e organizar probas e enigmas.

Pictograma dunha persoa realizando unha xincana con diferentes probas deportivas

3. Desenvolver desafíos motores cooperativos e xogos deportivos.

Pictograma dunha persoa liderando un grupo

4. Comunicar e guiar xogos e probas deportivas de forma participativa evitando estereotipos e comportamentos sexistas.

Pictograma de tres persoas realizando un quecemento

5. Coidar e usar o corpo de forma consciente, para a prevención de lesións e xestionando as emocións. 

Pictograma dun grupo de persoas con e sen discapacidade realizando unha carreira popular 
6. Promover a práctica deportiva respectando normas e promovendo a igualdade e inclusión no deporte.

Pictograma con diferentes dispositivos electrónicos: un ordenador, un teléfono móbil, un reloxo e un robot 
7. Empregar a tecnoloxía para comunicar, colaborar e producir contidos.

Pictograma dun documento avaliado, cunha lupa e unha puntuación de  
8. Valorar o traballo doutras persoas, recoñecendo o seu esforzo e achega a un proxecto común.

Pictograma dunha persoa pensando 
9. Reflexionar sobre a aprendizaxe e o impacto da actividade na comunidade educativa.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)