Saltar navegación

1. Inauguración

Pictograma de tres persoas subidas a un podio no que se destaca a que ocupa a primeira posición.

Ana Peleteiro, Desirée Vila, Adrián Ben… sóanche estes nomes?

Son só tres exemplos das moitas persoas deportistas de elite galegas.

Todas elas destacaron nun deporte individual e competiron nos Xogos Olímpicos ou Paralímpicos.

Pero… sabes como chegaron ata aí? Quen decidiu que merecían esa oportunidade? Que criterios se empregaron na súa escolla?

Non te preocupes. Estás a piques de descubrilo. Porque agora… o comité olímpico serás ti!

Lectura facilitada

Sóanche, Ana Peleteiro, Desirée Vila, Adrián Ben...?

Son tres exemplos das moitas persoas deportistas da elite galega.

Todas elas destacaron nun deporte individual e competiron nos Xogos Olímpicos ou Paralímpicos.

  • Sabes como chegaron ata aí?
  • Quen decidiu que merecían esa oportunidade?
  • Que criterios se empregaron na súa escolla?

Non te preocupes. Porque agora ti serás o comité olímpico!

Feito con eXeLearning (Nova xanela)