Que aprendiches?
Conclusións
- Ao longo deste desafío convertícheste nun membro do Comité Olímpico Galego, descubrindo curiosidades sobre o atletismo e as actividades con palas, así como as súas normas e características principais.
- Practicaches diferentes desafíos, mellorando aspectos técnicos e superando retos individuais e de equipo.
- Ademais, coñeciches deportistas galegos e galegas, valorando o seu esforzo e a importancia dun deporte inclusivo e sen estereotipos.
- Tamén deseñaches probas para o breakout final, aplicando o aprendido e desenvolvendo a creatividade, a organización e a toma de decisións en grupo.
- Ao mesmo tempo, colaboraches cos teus compañeiros e compañeiras, respectando ideas, resolvendo conflitos mediante o diálogo e traballando en equipo.
Esta infografía recolle todo o aprendido e axúdache a comprender a importancia do esforzo, a cooperación e os hábitos saudables dentro e fóra da pista.
Lectura facilitada
Ao longo deste desafío:
- Melloraches aspectos técnicos de distintos deportes.
- Superaches retos individuais e de equipo.
- Coñeciches deportistas galegos e galegas.
- Valoraches a importancia dun deporte inclusivo e sen estereotipos.
- Deseñaches probas para o breakout final
- Desenvolviches a creatividade, a organización e a toma de decisións en grupo.
- Colaboraches cos teus compañeiros e compañeiras.
Esta infografía recolle todo o aprendido.
Axúdache a comprender a importancia do esforzo, da cooperación e dos hábitos saudables dentro e fóra da pista.

