
O COG vén de constituírse. Mais, sabías que todo o que nace necesita asentarse sobre bases sólidas? É dicir, cómpre que recuperes coñecementos clave que xa tes adquiridos e te centres nos que realmente serán útiles para construír un proceso de selección xusto e rigoroso.
- Que lembras sobre os deportes individuais?
- Coñeces os seus complementos e técnicas asociadas?
Revisarás estas e outras cuestións ao longo desta Fase 2, mantendo presente que un bo comité non improvisa... constrúe sobre alicerces firmes.
Lectura facilitada
O Comité Olímpico Galego (COG) acaba de comezar.
Todo o que se inicia necesita bases sólidas.
É importante recordar coñecementos clave:
- Que lembras sobre os deportes individuais?
- Coñeces os complementos e técnicas que se usan neles?
Durante esta Fase 2 revisarás estas e outras cuestións.
Lembra que un bo comité non improvisa.
Un bo comité constrúe sobre bases firmes.