Saltar navegación

2.1. As comisións

 

Glosario

Comisión

Pictograma dun conxunto de mesas nas que se reúnen as persoas que forman parte dun equipo ou comisión

Definición:

Unha comisión é un subgrupo de persoas que se crea para tratar un tema concreto, tomar decisións ou realizar unha tarefa determinada.

Exemplo:

Os comités olímpicos teñen comisións que se encargan de tarefas concretas.

Valor olímpico

Pictograma de brazos entrelazados

Definición:

É unha cualidade ou principio que orienta o comportamento das persoas deportistas olímpicas e axuda a mellorar a convivencia e as relacións entre elas. 

Exemplo:

A solidariedade é un valor olímpico, xa que promove a axuda ás outras persoas cando o necesitan.

As comisións olímpicas

Duración: 10 minutos Agrupamento: Gran grupo

Antes de comezar, cómpre organizarse por equipos.

  • Este é o primeiro paso para traballar de xeito eficiente.
  • No Comité Olímpico Galego (COG), estes grupos chámense comisións.
  • Estás a piques de coñecer os integrantes da túa comisión.

Só tes que seguir estes pasos:

Lectura facilitada

Duración: 10 minutos Agrupamento: Gran grupo

Tedes que formar equipos.

No Comité Olímpico Galego (COG), estes equipos chámanse comisións.

Estás a piques de coñecer as persoas integrantes da túa comisión.

Sigue estes pasos:

Sentando as bases

Imaxe con catro mans dispostas en círculo, separadas entre si 90 graos


Para que vos coñezades mellor e comecedes a recuperar os coñecementos que darán pé ao deseño das probas olímpicas, realizaredes as seguintes actividades por grupos, é dicir, traballando coas persoas integrantes de cada comisión.

Lectura facilitada

  • Para coñecervos mellor e repasar coñecementos, faredes actividades en grupo.
  • Traballaredes coas persoas da vosa comisión.

Remudas memorísticas

Duración: 15 minutos Agrupamento: Pequeno grupo

Que lembrades sobre o atletismo? 

Este é un dos deportes para os que teredes que deseñar e elaborar probas selectivas. Así que poñédevos a proba neste xogo de remudas, no que non só a velocidade física é a protagonista, senón tamén a mental…

Cal será a comisión máis rápida?

Lectura facilitada

Duración: 15 minutos Agrupamento: Pequeno grupo

Que lembrades sobre o atletismo?

Teredes que deseñar e elaborar probas selectivas para este deporte.

Poñédevos a proba neste xogo de remudas.

Non só conta a velocidade física, senón tamén a mental.

Cal será a comisión máis rápida?

Descubre e ordena

Duración: 15 minutos Agrupamento: Pequeno grupo

Nun proceso selectivo, a intuición pode xogar un papel importante xunto coas habilidades e os coñecementos.

Cal das vosas comisións é a que ten máis intuición? Comprobádeo na seguinte actividade, que ademais vos servirá para repasar as fases do quecemento, un aspecto fundamental nas probas que deseñaredes. 

Quentade que saídes!

Lectura facilitada

Duración: 15 minutos Agrupamento: Pequeno grupo

Nun proceso selectivo, a intuición é importante.

Tamén o son as habilidades e os coñecementos.

Cal comisión ten máis intuición?

Comprobádeo nesta actividade.

Esta actividade tamén serve para repasar as fases do quecemento.

Quentade que saídes!

Feito con eXeLearning (Nova xanela)