Glosario
Validez
-
Definición:
-
Calidade de que algo é válido. Que serve para medir ou representar o que se pretende.
-
Exemplo:
-
As probas teñen validez xa que permiten coñecer que deportista é o máis completo.
Definición:
Calidade de que algo é válido. Que serve para medir ou representar o que se pretende.
Exemplo:
As probas teñen validez xa que permiten coñecer que deportista é o máis completo.
O Comité Olímpico Internacional quere comprobar a validez do voso proceso de selección.
Tedes listo o voso breakout?
Comprobádeo antes de amosar o voso proceso de selección ao Comité Olímpico Internacional, que terá que validalo.
Confirmade a validez do voso breakout coa lista de cotexo que tedes máis abaixo.
Se hai algo que completar, mellorar ou retocar... este é o momento!
O Comité Olímpico Internacional quere validar o voso breakout.
Antes de entregalo, comprobade que inclúe todo o necesario.
Empregade a lista de cotexo que atoparades máis abaixo.
Este é o momento de completar, mellorar ou retocar.
Completa a lista de cotexo marcando as casas correspondentes ás actividades rematadas.

O Comité Olímpico Internacional (COI) quere comprobar a validez das vosas probas de selección.
Agora é o momento de amosar o breakout que creastes. Se xa completastes a vosa autoavaliación e dominades as probas que deseñastes, é o momento de mostrarllas e explicarllas á persoa docente.
Adiante coa vosa selección!
Agora é o momento de amosar o breakout que creastes.
Explicádelle o voso breakout á persoa docente.
Adiante coa vosa selección!
| Na elite | Destacando | Competindo | Aspirando | Fóra de xogo | |
|---|---|---|---|---|---|
| Hábitos saudables e hixiene tras a práctica - INDIVIDUAL | Aplica, tras a práctica de actividade física, de forma autónoma e responsable hábitos de hixiene e coidado persoal, mostrando conciencia da súa importancia para a saúde. (1) | Aplica de maneira habitual, tras a práctica de actividade física, hábitos básicos de hixiene e coidado persoal. (0,75) | Aplica algúns hábitos de hixiene ou coidado persoal, tras a práctica de actividade física, só cando recibe indicacións do profesorado. (0,5) | Cómpre recordarlle frecuentemente, tras a práctica de actividade física, hábitos básicos de hixiene e coidado persoal. (0,25) | Non aplica, tras a práctica de actividade física, hábitos básicos de hixiene e coidado persoal. (0) |
| Quecemento, estiramentos e prevención de lesións - INDIVIDUAL | Realiza de forma autónoma e responsable rutinas de quecemento e estiramentos, adaptando o esforzo e aplicando medidas preventivas para evitar lesións. (1,25) | Realiza de forma adecuada rutinas de quecemento e estiramentos e recoñece situacións básicas de risco para evitar lesións. (1) | Realiza parcialmente o quecemento ou os estiramentos cando recibe indicacións e identifica algunhas situacións de risco. (0,75) | Non realiza correctamente o quecemento nin os estiramentos e non recoñece situacións de risco. (0,25) | Non realiza quecementos nin estiramentos, poñendo en risco a súa saúde. (0) |
| Execución motriz e toma de decisións - INDIVIDUAL | Mostra dominio técnico e adapta os movementos, tomando decisións eficaces, cando realiza actividade física. (2,5) | Executa correctamente as habilidades motrices cando realiza actividade física. (1,75) | Realiza movementos básicos pero con erros de coordinación ou decisión cando realiza actividade física. (1,50) | Executa movementos pouco coordinados e ten dificultades para adaptarse ás situacións cando realiza actividade física. (1,25) | Non executa movementos nin toma decisións cando realiza actividade física. (0) |
| Deportividade nas actividades motrices - INDIVIDUAL | Xestiona moi ben as emocións, acepta retos e resultados e fomenta unha actitude deportiva positiva no grupo. (2) | Controla as emocións durante as actividades e acepta erros e resultados con deportividade. (1,5) | Participa nas actividades pero ás veces amosa frustración ou actitudes pouco deportivas. (1) | Ten dificultades para controlar as emocións durante as actividades propostas e non acepta facilmente erros ou resultados. (0,75) | Non mostra deportividade e non acepta os resultados mostrando actitudes antideportivas (0) |
| Convivencia, igualdade e deportividade - INDIVIDUAL | Fomenta o respecto, a igualdade e o xogo limpo, resolve conflitos mediante o diálogo e promove un clima inclusivo no grupo (1,75) | Mantén unha actitude respectuosa e colaborativa, acepta normas e resultados e participa con deportividade nas actividades que realiza. (1,25) | Respecta normas e compañeiros/as na maioría das ocasións, aínda que precisa recordatorios para manter unha actitude deportiva. (0,75) | Mostra actitudes pouco respectuosas, non acepta normas nin resultados e pode reproducir comportamentos competitivos negativos nas actividades que realiza. (0,5) | Mostra actitudes irrespectuosas durante ns actividades (0) |
| Uso de recursos dixitais e documentación - GRUPAL | Domina ferramentas dixitais; rexistros precisos, claros, creativos e ben organizados; comparte información fiable e útil. (0,75) | Usa ferramentas dixitais correctamente; rexistros completos, claros e organizados. (0,5) | Usa ferramentas dixitais con certa autonomía; rexistros básicos e algo organizados. (0,25) | Usa pouco ou mal as ferramentas dixitais; rexistros incompletos ou desorganizados. (0,10) | Non usa as ferramentas dixitais nin realiza os rexistros. (0) |
| Capacidade de análise e avaliación - INDIVIDUAL | Reflexiona de forma crítica e construtiva sobre todo o proceso de elaboración do breakout: planificación, reparto de tarefas, organización e resultado final. Propón cambios xustificados e contribúe a optimizar o éxito do mesmo. (0,75) | Analiza de maneira clara o proceso de preparación do breakout. Participa activamente e acepta o feedback do equipo e aplica melloras visibles no programa final. (0,5) | Realiza unha análise sinxela sobre o proceso de traballo, a organización ou a posta en práctica, identificando algúns aspectos a mellorar, aínda que sen propoñer cambios claros nin aplicalos de forma efectiva. (0,25) | Ten dificultade para analizar o proceso de traballo. Non revisa os retos nin a organización do breakout, e apenas incorpora as achegas do equipo para mellorar. (0,10) | Non analiza o proceso de traballo e non incorpora achegas ao equipo para mellorar o breakout. (0) |

Despois de moito traballo, o grupo acadou o reto final. Foron días de deseñar, organizar e practicar probas de selección relacionadas con diferentes deportes individuais. Reflexiona sobre as seguintes cuestións relacionadas no apartado da fase 4 do teu diario de aprendizaxe:
A continuación, fai unha posta en común co teu equipo.
Traballastes moito.
Superastes o reto.
Agora reflexiona no teu diario de aprendizaxe:
Despois, comparte as túas respostas co equipo.
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Atribución Non-comercial Compartir igual 4.0