Que é o diario de aprendizaxe?

O diario de aprendizaxe é o espazo no que irás recollendo as experiencias vividas, tanto dentro como fóra da aula, relacionadas co proceso de aprendizaxe ao longo do reto. Co seu uso desenvolverás a túa autonomía e a capacidade para reflexionar e aprender a aprender.
Deberás cubrilo segundo as indicacións do teu profesor ou da túa profesora. No diario de aprendizaxe irás valorando o teu progreso no reto, polo que é individual. Con todo, contén algunhas actividades para facer individualmente e outras en colaboración co teu grupo.
Servirache de axuda para autoavaliarte, compartir información cos teus compañeiros e compañeiras de grupo e conseguir o reto proposto.
Lectura facilitada
O diario de aprendizaxe é o lugar onde anotas as túas experiencias durante o reto.
Axúdache a reflexionar, ser máis autónomo/a e aprender mellor.
Debes completalo seguindo as indicacións da persoa docente.
O diario é individual, pero inclúe:
- Actividades individuais
- Actividades en grupo
Servirache para:
- Autoavaliarte
- Compartir información co equipo
- Conseguir o reto proposto