Procesando a información
A sociedade romana estaba marcada polo poder dos emperadores e dos militares, apartando do poder ás clases populares, e especialmente, a mulleres e escravitude.
Repasa o aprendido realizando algunha das opcións.
A sociedade romana estaba marcada polo poder dos emperadores e dos militares, apartando do poder ás clases populares, e especialmente, a mulleres e escravitude.
Repasa o aprendido realizando algunha das opcións.
Ordena de máis importante a menos importante as clases que formaban o sociedade romana.
Contesta as seguintes preguntas como verdadeiro ou falso.
Falso
Verdadeiro
Verdadeiro
Falso
Verdadeiro
Falso
Verdadeiro
Le este texto de Marcial , poeta hispano-romano do 40-104 d. C., sobre a inauguración do Coliseo en Roma. Nel descríbese un combate de gladiadores, Prisco e Vero.
"Mentres que Prisco e Vero alongaban o enfrontamento,
e por longo tempo a loita foi igualada en ambos os lados,
Altos e repetidos berros reclamaban a liberdade para os homes;
Pero César seguiu a súa propia lei;
Era a lei de loitar co escudo ata que un dedo se alzase:
Fixo o que lle estaba permitido, a miúdo deu comidas e agasallos.
Pero chegouse ao final coa mesma igualdade:
Iguais ao loitar, iguais ao ceder.
César enviou espadas de madeira a ambos e palmas a ambos:
Por tanto, a coraxe e a habilidade recibiron o seu premio.
Isto non tivo lugar ante ningún príncipe salvo ti, César:
Cando dous loitaron, ambos foron vitoriosos."
O relato de Marcial sobre o combate entre Prisco e Vero mostra un resultado inesperado e extremadamente raro. Normalmente, os combates entre gladiadores só terminaban cando un combatente elevaba un dedo en sinal de derrota. Con todo, existían outros modos de terminar un combate: denominábase missio a unha acción mediante a cal un loitador podía ser retirado dun combate. Iso non quere dicir que deixase de ser gladiador, senón que deixaba o combate e volvía aos adestramentos.
Busca no texto cal foi o símbolo da vitoria de ambos os gladiadores e anótao no teu caderno.
Pensas que era algo habitual este final? Como pensas que terminaban estas loitas?
Os símbolos foron unha palma da vitoria polo combate, e unha espada de madeira ou rudus, pola súa liberdade.
Ao contrario da imaxe que nos transmite o cinema, os gladiadores e as gladiadoras loitaban para o goce do público, que tiña clubs de fans dos seus favoritos e favoritas. Era moi caro entrenar a un gladiador, meses e anos de traballo. O obxectivo non era a morte do gladiador ou da gladiadora, senón o espectáculo. Realmente era moi raro e extraordinario unha loita a morte entre eles.
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Atribución Non-comercial Compartir igual 4.0