Cal será a nosa estratexia?
Antes de iniciarnos na resolución do noso reto, debemos ir coñecendo QUE FOI e COMO EVOLUCIONOU o IMPERIO ROMANO e como foi a súa presenza en Hispania e a Gallaecia (as actuais España e Galicia, salvando as distancias). Cal foi a súa orixe? Onde xurdiu? Que tipo de estado foi? Como forxou o seu Imperio? Cales foron as bases da súa cultura e a súa arte? Que fixo a poboación romana por nós? Como podemos valorar os seus alcances e límites? Para isto, percorreremos os seguintes apartados para ir recadando información de gran valor para a resolución do reto.
Para que todo saia segundo o noso plan, imos seguir os seguintes pasos:
- Coñecer a xeografía e as fases que forxaron a Roma como unha cidade líder dun Imperio.
- Identificar os principais escenarios onde se produce a éxito do Imperio romano, sobre todo no tocante ás cidades e a dominación do rural, e así saber como actuar no noso reto.
- Aprender as fases e principais acontecementos da romanización de Hispania e a Gallaecia e a súa importancia no devir histórico destes territorios.
- Valorar a importancia da organización social e económica de Roma e o seu Imperio, en especial o valor do exército na extensión política e cultural do Imperio.
- Medir o impacto cultural e artístico de Roma no seu Imperio e fóra del, facendo fincapé na implicación dos nosos trazos culturais, artísticos e relixiosos ata o presente.
- Por último, destacar a grandeza, evolución e vixencia aínda hoxe, da arte romana, especialmente da súa arquitectura.
Finalmente, debes buscar e analizar algún monumento, infraestrutura, materia, coñecemento ou tradición que teña orixe romana e que sigamos usando hoxe en día. Para isto, faremos:
- Planificaremos, aplicaremos e melloraremos a nosa proposta de estudo e o seu desenvolvemento.
- Valoraremos de xeito crítico os alcances, pero tamén as limitacións da civilización Clásica, en este caso, de Roma e o seu Imperio.
Lectura facilitada
Comezamos o noso reto: Coñecendo o Imperio Romano
Antes de comezar co noso reto, imos aprender que foi o Imperio Romano e como foi cambiando ao longo do tempo.
Tamén coñeceremos como chegou a Hispania e a Gallaecia. (España e Galicia).
Para que o noso reto saia ben, seguiremos varios pasos.
.
PASO 1: Coñecer a xeografía e a historia de Roma:
- onde estaba situada Roma,
- como medrou ata converterse no centro dun gran Imperio.
PASO 2: Identificar os lugares máis importantes do Imperio
Os principais escenarios do éxito romano
O seu modo de vida e aplicalo ao noso reto.
PASO 3: Coñecer a romanización de Hispania e Gallaecia
As fases da romanización, os acontecementos máis importantes
e a súa influencia na historia e na cultura destes territorios.
PASO 4: Como estaba organizada a sociedade romana:
- quen tiña o poder,
- quen traballaba.
- e cal era o papel do exército.
PASO 5: Comprender o impacto cultural e artístico
A pegada de Roma na arte, na cultura e mesmo na relixión.
Os trazos da nosa cultura actual que veñen directamente do mundo romano.
PASO 6: A arte e a arquitectura romana
A arte romana, sobre todo a arquitectura, coma exemplo de beleza e de enxeño.
Coñeceremos os seus edificios máis famosos e o seu valor no tempo.
PASO 7: O noso reto final
Para rematar, buscarás e analizarás un monumento, construción, material, coñecemento ou tradición
que teña orixe romana e que aínda usemos hoxe.
