Glosario
Retrato
-
Definición:
-
Representación figurativa dunha persoa, sobre todo do seu rostro.
-
Exemplo:
-
Os emperadores tiñan retratos seus por tódalas cidades.
Definición:
Representación figurativa dunha persoa, sobre todo do seu rostro.
Exemplo:
Os emperadores tiñan retratos seus por tódalas cidades.
A escultura foi unha das artes nas que Roma mostrou mellor a súa personalidade. Aínda que ao principio se inspirou nas esculturas etruscas e gregas, os romanos conseguiron crear un estilo propio.
Os dous tipos máis importantes de escultura romana foron o retrato, que buscaba mostrar o aspecto real das persoas, e o relevo histórico, usado para contar batallas ou feitos importantes.
As orixes do retrato romano teñen tres influencias principais:
Cos anos, os artistas romanos foron cambiando o seu estilo: durante o tempo de Augusto preferían un aspecto idealizado, mentres que na época dos Flavios e do Baixo Imperio apostaron por un realismo máis expresivo.
A escultura desenvolveuse de dous xeitos distintos:


No tocante ós materiais, as persoas escultoras romanas empregaron o mármore, para as copias gregas e o bronce para outras estatuas, coma por exemplo a dos emperadores ou emperatrices.
Os romanos admiraban moito a arte grega e fixeron numerosas copias das súas esculturas. Grazas a iso, moitas obras que hoxe coñecemos non son as orixinais gregas, senón copias romanas feitas en mármore. Na época romana, ter unha destas copias era un sinal de riqueza e prestixio social.
Porén, en Roma o traballo da persoa escultora non era tan valorado como en Grecia. Mentres que no mundo heleno se consideraba un artista con sabedoría e talento, en Roma víase máis ben como un artesán que facía encargos. Por iso, apenas coñecemos nomes de escultores romanos.
A escultura foi unha das artes máis importantes de Roma.
Ao principio, os romanos inspiráronse nas esculturas gregas e etruscas,
pero co tempo crearon o seu propio estilo.
Os dous tipos principais de escultura romana eran:
As súas influencias principais foron:
No tempo de Augusto, as esculturas eran máis idealizadas e perfectas.
Máis tarde, nos Flavios e no Baixo Imperio, foron máis realistas e expresivas.
Había dous tipos de esculturas:
Moitas esculturas gregas coñecémolas hoxe grazas ás copias romanas, feitas en mármore.
En Roma, os escultores eran considerados artesáns, non artistas como en Grecia.
Por iso, non coñecemos moitos nomes de escultores romanos.
O retrato romano é case un xénero propio na escultura romana. Parte, como o resto da escultura, da herdanza etrusca, como unha forma de representar os membros da familia falecidos, o que se denominou imagines maiorum.
Para as clases sociais patricias, destacar e recordar a antigüidade das súas liñaxes nunha cidade coma Roma, era moi importante.
Por iso se consagraron a representar cun forte realismo estas imaxes, algunhas tomando coma modelo as máscaras mortuorias que se facían tras a morte dun familiar. Estas máscaras feitas de cera servían para asegurarse o parecido e a fidelidade ó modelo orixinal.
A tradición do retrato tamén ven de Grecia, pero con diferencias salientables:
O retrato grego é idealizador, psicolóxico, e a persoa artista grega firma as súas obras, traballa o bronce e o mármore, xeralmente son de corpo enteiro.

O retrato romano é tremendamente realista, fíxase no externo e é de carácter máis privado e popular. Aínda así durante a época romana vai sufrir variacións:
Durante a República, século I a. C., teñen un marcado carácter realista, como os retratos de César e Pompeio.

Durante o Principado de Augusto e a dinastía Xulio-Claudia (27 a. C. - 68 d. C.), a influencia da arte grega, e por tanto a idealización das figuras, foi moi destacada. Os retratos de Augusto, o primeiro emperador, espalláronse por todo o Imperio e compartían unha mesma tipoloxía: un rostro harmonioso e enérxico, cun par de guechos de cabelo sobre a fronte.
_-_Gliptoteca_de_Munich_(2).jpg)
Durante a época Flavia, os emperadores comezaron a representarse dun modo máis próximo ao pobo, con rostros sinceros e realistas, deixando atrás a idealización propia de etapas anteriores. Un exemplo destacado son os bustos de Vespasiano e dos membros da súa familia.
.jpg)
En época de Traxano e Adriano, o retrato chega ata o peito, converténdose en busto, con tendencia idealista de novo.

O retrato romano é case un xénero propio na escultura romana.
A tradición do retrato tamén ven de Grecia, pero con diferencias salientables.
O retrato romano é tremendamente realista, fíxase no externo e é de carácter máis privado e popular.
Aínda así durante a época romana vai sufrir variacións:
Durante a República, teñen un marcado carácter realista, coma os retratos de César e Pompeio.
Durante o Principado de Augusto, todos responden á mesma tipoloxía,
rostro belo e enérxico, e sobre a fronte dous guechos de cabelo.
Durante a época Flavia, represéntanse emperadores máis achegados ao pobo, con efixies sinceras e francas.
Como exemplo destacado temos os bustos de Vespasiano e a súa familia.
En época de Traxano e Adriano, o retrato chega ata o peito, converténdose en busto, con tendencia idealista de novo.
Ler e completar
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Atribución Non-comercial Compartir igual 4.0