Proposta de reto
Un dos aspectos máis importante de Roma, do seu Imperio e da súa cultura, é a pervivencia de moitas das súas pezas claves ata os nosos días, sendo vitais para a cultura occidental actual. Fai anos, nunha película dos cómicos británicos Monty Python xa puxeran en liza a importancia da estadía da poboación romana por todo o Mediterráneo e as súas transformacións, resumida nunha pregunta: "Que fixeron os romanos por nós?"
Polo tanto, no noso REA e no noso reto valoraredes os logros e alcances da Cultura Romana e a súa pervivencia ata os nosos días, para o cal, deberedes buscar monumentos, obras, ensinanzas ou tradicións que podades rastrexar dende os nosos días ata o mundo romano. Para isto, debes seguir atento as nosas indicacións e revisar ben os contidos desta unidade para logo aplicalos no reto. Será importante que valores os grandes logros de Roma, pero tamén as súas eivas, como por exemplo o trato ás mulleres ou ás persoas estranxeiras (moitas delas escravas) que nos falan de que un imperio e unha cultura tan avanzada tamén pode ser moi cruenta coas súas xentes. De aí que teñamos que aplicar os obxectivos relacionados co trato ás mulleres e as persoas migrantes e traballadoras dos Obxectivos 2030 á hora de valorar este REA.
Seredes capaces de facelo? Imos aló!!!
Lectura facilitada
Moitos elementos da nosa vida cotiá son herdanza directa de Roma.
No noso reto descubriredes moitos dos elementos que lle debemos a Roma:
- Idioma
- Dereito
- Monumentos
No noso reto descubriredes eivas de Roma vistas dende hoxe:
- A escravitude
- O papel da muller
Seredes capaces de facelo? Imos aló!!!
Necesitas axuda?
O noso reto suporá que teñas que abordar diferentes cuestións á hora de valorar os aspectos do Imperio romano que aínda seguimos a usar na actualidade. Dende edificios, pontes ou aspectos da cultura e o dereito que son fundamentais no noso día a día. Para poder facer iso, debes coñecer como era e como funcionaba o Imperio romano. Aquí tes algunhas ideas para documentar a súa importancia:
![]() |
Debes coñecer a xeografía de Roma e os seus dominios así como as fases históricas da súa evolución política, para deste modo entender a importancia de Roma e o seu imperio na Historia e especialmente no pasado de Galicia e España. |
|
|
Valoraras tamén as bases do Imperio romano, tanto sociais como territoriais, centrándonos especialmente nas cidades como motor do cambio e da romanización, sobre todo no Mediterráneo Occidental. Valoraras ademais as voces das persoas oprimidas e desclasadas: pobres, escravitude, campesiñado e mulleres, amplamente explotadas polo imperio. |
|
|
Reflexionaras sobre o valor e a transcendencia da cultura e as relixións achegadas polo Imperio romano, principalmente os efectos da expansión do Latín e do Cristianismo, como base da nosa cultural pasada e presente. |
|
|
Por último, analizaras a arte romana e a súa expansión por Europa, forxadora da arte clásica e identificada como unha expresión artística superior. Reflexionaras sobre o seu legado histórico e a súa pervivencia ata o noso presente. |
Lectura facilitada
Roma foi unha das civilizacións máis importantes da historia.
O seu Imperio e a súa cultura deixaron moitas cousas que aínda existen hoxe.
Moitas delas son parte da nosa vida e da cultura occidental actual.
Hai anos, os cómicos británicos Monty Python fixeron unha película onde se facía unha pregunta moi famosa:
“Que fixeron os romanos por nós?”
Esa pregunta axúdanos a pensar en todo o que nos deixaron os romanos:
- monumentos
- obras de arte
- ensinanzas
costumes e tradicións
No noso proxecto (REA) e no reto, teremos que descubrir esas cousas.
Debemos buscar exemplos actuais que teñan a súa orixe en Roma.
Tamén debemos ler e comprender ben os contidos da unidade para poder aplicar o aprendido.
Non só é importante coñecer os logros de Roma,
senón tamén as súas eivas (os seus erros ou inxustizas).
Por exemplo:
- o trato ás mulleres, ou o trato ás persoas estranxeiras ou escravas.
Así veremos que Roma foi unha cultura moi avanzada, pero tamén moi dura e inxusta con moitas persoas.
Por iso, cando fagamos o reto, debemos pensar tamén nos Obxectivos 2030,
especialmente nos que falan sobre:
- a igualdade entre mulleres e homes, o respecto ás persoas migrantes e traballadoras.
- O noso reto é grande, pero seguro que seremos capaces de conseguilo.
Imos aló!



