Reflexionamos

Unha vez completamos o noso reto final, chega o momento de facer unha reflexión sobre todo o que aprendemos neste proceso. Posiblemente tralo traballo feito, comprendedes mellor as orixes, características e legado do Imperio romano. Cousas e feitos visibles aínda no presente e nas nosas cidades. Por iso, tamén deberedes ter novas ideas sobre a importancia e transcendencia de Roma e a súa historia, e como o seu legado aínda permanece vivo na realidade que nos rodea.
Polo tanto chega o momento de obter as nosas conclusións e facer unha posta en común sobre elas, posto que tamén é importante que todo reto teña unha fase final de conclusións e valoracións.
Lectura facilitada
Xa remataches o reto final.
Chega o momento de reflexionar sobre o aprendido no proceso.
Agora, posiblemente comprendades mellor as orixes,
características e legado do Imperio romano, visible aínda hoxe.
Este legado permítenos valorar a importancia
e transcendencia de Roma e a súa influencia na realidade actual.
Chegou o momento de sacar conclusións,
compartilas e facer unha valoración final do traballo realizado.
Chegou o momento da posta en común. Despois de rematar o reto e facer a vosa reflexión individual e como grupo, toca presentarlle o voso traballo e o proceso de aprendizaxe que vivistes ao resto da clase.
Chega o momento da posta en común, para a cal cada grupo deberá facer unha pequena exposición das conclusións obtidas e dar a coñecer a súas valoracións e proposta ao resto dos grupos da aula. Para iso, podedes empregar diferentes formatos, segundo as indicacións que vos demos ao longo da unidade didáctica: 