Glosario
Basílica
-
Definición:
-
Edificio público rectangular que servía para reunións, xuízos e comercio na antiga Roma, situada normalmente no foro.
-
Exemplo:
-
Na basílica impartíase xustiza.
Definición:
Edificio público rectangular que servía para reunións, xuízos e comercio na antiga Roma, situada normalmente no foro.
Exemplo:
Na basílica impartíase xustiza.
Imos estudar a arte romana e os seus propios trazos particulares, pero é innegable a influencia que sobre esta arte tiveron dúas grandes referencias culturais que xa vimos con anterioridade: por unha banda, a etrusca e, por outro, a grega ou helena.
Que trazos presenta a arquitectura romana? Como a podemos identificar e recoñecer? Para responder a estas preguntas, teremos que ter en conta o seguinte:
A pesar destas influencias recibidas, a arquitectura romana foi enormemente orixinal, e mesmo, nalgúns aspectos, revolucionaria. As persoas arquitectas romanas tomaron eses elementos alleos e os transformaron e combinaron en función das súas necesidades. Como elementos estrela, empregaron o arco de medio punto e a cúpula, que permitiu elevar edificios a outra escala na antigüidade.
Este afán por crear grandes arquitecturas tiña como función exaltar o poder de Roma, especialmente na época imperial, de aí as dimensións colosais e monumentalidade da súa arquitectura. A diferenza, por exemplo, da arquitectura grega, moito máis proporcionada e realizada a unha escala máis humana, a romana buscaba impresionar.
Outro aspecto ten que ver coa funcionalidade da arquitectura, a poboación romana destacou polos seus coñecementos de enxeñería. Era tan alto que moitas desas obras chegaron ata hoxe en día. Pontes, acuedutos, termas, edificios de espectáculos, eran funcionais, é dicir tiñan e realizaban a súa función á perfección, pero ó mesmo tempo eran símbolo do poder de Roma, alá onde eran edificados. Por exemplo, as calzadas eran auténticas arterias que percorrían todo o territorio e, grazas a elas, favorecéronse as comunicacións e intercambios comerciais, pero tamén servían para recordar o poder de Roma en todo o seu territorio.

Para as cidades romanas era imprescindible a subministración de auga, por iso é polo que as persoas enxeñeiras romanas conseguisen a proeza de garantir esa subministración a través de acuedutos, que se construían para salvar obstáculos naturais cunha superposición de arcos de medio punto, para manter a pendente que garantía o fluxo de auga constante.
A poboación romana, como a grega, empregou uns elementos moi concretos para crear a súa arquitectura. Son elementos moi semellantes, como verás. Porén a poboación romana empregounos de xeitos diferentes, facendo moi doado distinguilos.
As columnas son o elemento distintivo da arte clásica. Recordas que a poboación grega xa as empregaran......?
A poboación romana tomou estes elementos, as columnas gregas para:
A arquitectura romana foi moi orixinal e innovadora. Aínda que tomou ideas doutros pobos, como os gregos e etruscos, os romanos transformáronas para adaptalas ás súas necesidades.
Usaban moito o arco de medio punto e a cúpula, o que lles permitiu facer edificios máis grandes e altos que nunca antes.
As construcións romanas buscaban mostrar o poder e a grandeza de Roma. Por iso, eran enormes e impresionantes, moito máis que as gregas, que eran máis pequenas e equilibradas.
Os romanos eran excelentes enxeñeiros. As súas obras non só eran fermosas, tamén moi útiles e duradeiras. Construíron pontes, acuedutos, calzadas, termas e teatros que cumprían a súa función á perfección e moitos aínda existen hoxe.
Por exemplo, os acuedutos levaban auga ás cidades, atravesando ríos e vales con grandes filas de arcos.
Usaban columnas como os gregos, pero de maneira diferente, combinándoas con arcos e bóvedas para facer edificios máis sólidos e prácticos.
Os templos romanos, eran edificios dedicados ó culto dos deuses e deusas do panteón romano e aos emperadores e ás emperatrices que tras a súa morte se converten en divindades, é dicir, para a ser tamén deuses e deusas.
Na súa forma teñen moito trazos comúns cos gregos; xa puideches ver que empregan e transforman as formas arquitectónicas gregas, as ordes de columnas, facéndoas menos ríxidas e máis elegantes.
Os templos romanos parten da idea grega dun espazo para a divindade, pero son moito máis flexibles na súa concepción do edificio; van buscar o maior, o espectacular, o máis impresionante chegando a crear templos de superficies inmensas como o de Venus e Roma, a carón do Coliseo.
A diferencia dos gregos os templos romanos están elevados do solo por un podio sobre o que se levantan columnas de orde romana coma a toscana ou a composta. Estas columnas non rodean ó edificio ó xeito dos gregos senón que só se dispoñen exentas na porta principal, formando un pórtico con frontón e tímpano. Nos outros tres lados as columnas quedan acaroadas ao muro da cela ou sala da divindade ou mesmo non existir coma o exemplo seguinte.

A medida que o imperio se vai desenvolvendo xorden as figuras dos emperadores e das emperatrices que se converten en divindades, que dentro das súas políticas de construción, crean grandes espazos públicos, os foros para o goce da poboación das cidades. O primitivo foro, chamado republicano, onde se atopaban os edificios máis importantes da cidade, entre eles a Curia do Senado, aos pés do Monte Palatino quedaba pequeno nunha Roma cada vez máis grande e caótica. Por iso os dirixentes romanos tratan de ampliar este espazo público e relixioso con novos foros cerca do foro republicano. Estes novos foros, cada un co nome do emperador promotor ou emperatriz promotora, inclúen basílicas para administrar xustiza, pórticos, mercados e templos, algúns dos cales serán para a súa divinización trala súa morte.
O primeiro erixido para ese fin foi o de Xulio César. No seu foro plasmouse a tipoloxía para espazos similares posteriores; espazos amplos e regulares, porticados cun templo nun lugar dominante para o culto imperial. Os seus sucesores, Augusto, Vespasiano, Nerva e Traxano, seguiron o seu exemplo, edificando grandes complexos urbanos que combinaban estes espazos públicos e relixiosos para a gloria das súas propias divinizacións.


Os templos romanos son edificios dedicados ao culto aos deuses e as deusas do panteón romano.
Os templos romanos teñen columnas na fachada principal formando un pórtico.
Os templos situábanse no foro da cidade.
Cando o Imperio romano foi medrando, apareceron os emperadores e emperatrices.
Moitos deles foron considerados deuses e deusas despois da súa morte.
Estes gobernantes construíron grandes espazos públicos chamados foros, para que a xente das cidades puidese reunirse, comerciar e celebrar actos relixiosos.
O primeiro foro chamouse foro republicano e estaba preto do Monte Palatino, onde se reunía o Senado.
Pero Roma fíxose moi grande, e ese foro quedou pequeno.
Por iso, os emperadores comezaron a facer novos foros, cada un co seu nome.
Neles había templos, mercados, pórticos (lugares cubertos para pasear) e basílicas, onde se administraba a xustiza.
O Foro de Xulio César foi o primeiro.
Despois fixeron outros emperadores como Augusto, Vespasiano, Nerva e Traxano.
Estes foros servían para mostrar o poder de Roma e tamén para adorar aos emperadores como divindades.
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Atribución Non-comercial Compartir igual 4.0