Saltar navegación

1.1. Pero, que fixeron os romanos por nós?

 

Glosario

Imperio

Pictograma dun anfiteatro

Definición:

Conxunto de territorios ou nacións gobernados por unha soa autoridade, xeralmente un emperador ou unha emperatriz ou unha potencia central.

Exemplo:

O Imperio romano foi moi extenso.

Monarquía

Pictograma dun rei e unha raíña

Definición:

Forma de goberno na que a persoa xefa do estado é un ou unha monarca (rei, raíña, emperador etc.), cuxo cargo adoita ser hereditario.

Exemplo:

O rei e a raíña son ás persoas máis importante nunha monarquía.

República

Pictograma dun presidente

Definición:

Forma de goberno na que a persoa xefa de estado é elixido, directa ou indirectamente, pola cidadanía, en lugar de ser hereditario.

Exemplo:

Na república manda o presidente ou presidenta.

Antes de comenzar preguntámonos

Antes de iniciar un tema sobre o Imperio romano, é útil formular unha serie de preguntas que axuden a orientar o estudo e a comprensión dos aspectos máis relevantes deste período histórico:

  • Como se fundou Roma? Como pasou dunha monarquía a un imperio?
  • Cal foi a extensión do Imperio romano? Como influíu a xeografía na súa expansión?
  • Como era a sociedade romana? Cal foi o papel das mulleres e da escravitude? Era unha sociedade xusta?
  • Cal foi o impacto das crenzas relixiosas na vida cotiá da poboación romana?
  • Cal foi o impacto das artes e das infraestruturas romanas no noso presente? Cal foi o seu legado aínda vixente para nós? 

 Para levar conta de todo o acontecido empregaremos o diario de aprendizaxe, unha especie de caderno de bitácora onde anotaremos o que vaiamos aprendendo, así como o que consideremos oportuno do proceso de ensino-aprendizaxe.

Muller romana tocando a cítara
Imaxe duna muller romana tocando a cítara

Agora, repasa a imaxe anterior e pensa cal puido ser o papel da muller no mundo romano tendo en conta os seus distintos status sociais e a súa riqueza. Pensa sobre estas cuestións:

  • Cres que os seus roles eran moi limitados?
  • Como cres que podían exercer influencia e participar nas actividades públicas?

Lectura facilitada

Antes de comezar a estudar o Imperio romano, é importante facer algunhas preguntas.
Estas preguntas axúdannos a entender mellor o que imos aprender sobre este tempo da historia.

  1. Preguntas para pensar
  2. Como se fundou Roma?
  3. Quen a creou e como empezou a súa historia?
  4. Como pasou Roma dunha monarquía a un imperio?
  5. Que cambios se produciron no seu goberno?
  6. Cal foi a extensión do Imperio romano?
  7. Ata onde chegaron os seus territorios?
  8. Como influíu a xeografía na súa expansión?
  9. Como era a sociedade romana?
  10. Quen tiña máis poder?
  11. Cal era o papel das mulleres e das persoas escravas?
  12. Podemos dicir que era unha sociedade xusta?
  13. Como eran as crenzas relixiosas dos romanos?
  14. De que maneira influían na vida diaria das persoas?
  15. Que achegaron as artes e as construcións romanas?
  16. Que cousas da súa arquitectura e da súa cultura seguimos usando hoxe?
  17. Cal é o seu legado que aínda está presente no noso tempo?

Agora, repasa a imaxe anterior e pensa cal puido ser o papel da muller no mundo romano tendo en conta os seus distintos status sociais e a súa riqueza. Pensa sobre estas cuestións:

  • Cres que os seus roles eran moi limitados?
  • Como cres que podían exercer influencia e participar nas actividades públicas?

Durante este tema, imos usar un diario de aprendizaxe.
Este diario é como un caderno de viaxe onde escribiremos:

  • o que imos aprendendo,
  • o que máis nos chama a atención,
  • e o que pensamos sobre o que estamos estudando.

Así poderemos lembrar mellor o aprendido e reflexionar sobre o noso progreso

Escribe no teu diario de aprendizaxe!

Imaxe do diario de aprendizaxe no proxecto cREAgal. Amosa un lapis e un caderno co logotipo do proxecto na tapaAntes de seguir, resposta as preguntas da fase 1 no voso diario de aprendizaxe.

É moi importante que o cubras porque para aprender... hai que reflexionar!

Lembra:

Pregunta ao teu profesor ou profesora se a encherás en papel ou no computador.
Se a cobres no computador, non te esquezas de gardala no teu equipo cando a termines!
Ánimo, que o farás xenial!

Feito con eXeLearning (Nova xanela)