Saltar navegación

2. Que sabes?

 

Glosario

Lenda

Pictograma de Hércules

Definición:

Relato tradicional ou popular que mestura feitos reais con elementos fantásticos ou imaxinarios.

Exemplo:

En Galicia hai moitas lendas sobre tesouros agochados.

Politeísmo

Pictograma de tres santos

Definición:

Crenza e adoración en múltiples deuses, deusas ou divindades.

Exemplo:

As relixións clásicas eran politeístas ao render culto a varios deuses e varias deusas.

Roma e o seu legado

Como xa vimos nos retos anteriores (no Prehistoria e Grecia), Roma emerxeu coma unha cidade-estado autónoma dentro da Idade de Ferro (I Milenio a. C.) ata converterse nunha enorme civilización, base da nosa cultura actual.

Tamén recordarás da túa etapa de Primaria, algunhas das ideas clave sobre Roma e a súa evolución ata desaparecer como Imperio no 476 a. C. Por exemplo...

1. Saber que Roma foi fundada, segundo a lenda, por Rómulo e Remo en 753 a. C.

2. Ter unha noción das tres etapas principais da historia de Roma: Monarquía, República e Imperio.

3. Coñecer onde estaba situada Roma e a extensión do Imperio romano no seu máximo esplendor.

4. Saber que o Imperio romano rodeaba o Mar Mediterráneo, que chamaban "Mare Nostrum".

5. Valorar que a poboación romana era politeísta e tiña deuses e deusas de orixe grego como Xúpiter, Xuno, Minerva e Marte.

6. Recoñecer que o latín era a lingua do Imperio romano.

7. Ter unha idea dos logros arquitectónicos como os acuedutos, as calzadas, os coliseos e os templos.

8. Ter noción dos xogos de gladiadores e outros espectáculos que se realizaban no Coliseo.

9. Ou soaranche personaxes tan famosos como Xulio César ou Augusto.

Lectura facilitada

Ideas clave sobre Roma

Roma foi fundada, segundo a lenda, por Rómulo e Remo no ano 753 antes de Cristo (a. C.).

Roma pasou por tres grandes momentos:

  • Monarquía (cando tiñan reis).
  • República (cando gobernaban os cidadáns).
  • Imperio (cando gobernaba un emperador).

    Roma estaba no centro de Italia.
    O Imperio chegou a ser moi grande e ocupaba terras en Europa, Asia e África.

    O Imperio romano rodeaba o Mar Mediterráneo, que eles chamaban “Mare Nostrum”, que significa o noso mar.

    Os romanos eran politeístas, é dicir, crían en moitos deuses e deusas.
    Moitos deles viñan da mitoloxía grega, como:
  • Xúpiter, Xuno, Minerva, ou Marte.

Os romanos falaban latín, que é a orixe do galego, do castelán, do portugués e do francés.

Fixeron acuedutos, calzadas, coliseos e templos que aínda podemos ver hoxe.

No Coliseo de Roma había loitas de gladiadores e outros espectáculos para entreter o pobo.

Seguramente che soan nomes como:

Xulio César, Augusto....

A mítica fundación de Roma

Roma foi fundada, segundo a lenda, no ano 753 a. C. polos irmáns xemelgos Rómulo e Remo. A historia conta que eran fillos de Marte, o deus da guerra, e da raíña Rea Silvia. Ao nacer, foron abandonados nunha cesta no río Tíber por orde do rei Amulio, que temía que os xemelgos o destronasen no futuro. A cesta quedou atrapada nunha zona de ribeira, e os bebés foron atopados e criados por unha loba, que os alimentou co seu leite. Máis tarde, un pastor chamado Faustulo descubriunos e xunto coa súa esposa, Acca Larentia, criounos como se foran seus fillos.

Loba capitolina con Rómulo e Remo
Loba capitolina con Rómulo e Remo

Cando creceron, Rómulo e Remo decidiron fundar unha cidade no lugar onde a loba os atopara. Non obstante, os irmáns discutiron sobre quen debería gobernar a nova cidade e sobre onde debería ser exactamente construída. Para resolver a disputa, decidiron observar os paxaros como augurio. Rómulo viu máis paxaros, interpretando isto como un sinal de que el debería ser o rei.

A disputa non terminou aí e levou a unha traxedia. Durante unha loita, Rómulo matou a Remo. Con Remo morto, Rómulo converteuse no primeiro rei de Roma e deu o seu nome á cidade.

Aínda que esta historia é unha lenda, reflicte a importancia da cidade de Roma e os valores de coraxe e determinación que se asocian con ela. Roma, fundada na lenda de Rómulo e Remo, chegaría a converterse nun dos imperios máis poderosos e influentes da historia antiga.

 Por iso, para a nosa vida diaria e o reto que debemos de completar, é moi importante que saibamos cal foi a evolución de Roma e da cultura que forxou, transmitida a moitas das nosas actividades hoxe en día.

Lectura facilitada

A lenda de Rómulo e Remo — Versión en lectura facilitada
Segundo a lenda, Roma foi fundada no ano 753 antes de Cristo (a. C.) por dous irmáns xemelgos: Rómulo e Remo.
Contan que eran fillos de Marte, o deus da guerra, e de Rea Silvia, unha raíña.

 O comezo da historia
O rei Amulio, que temía perder o seu trono, mandou abandonar os bebés nunha cesta no río Tíber.
A cesta quedou atrapada na beira do río, e unha loba atopounos.
A loba criou os nenos e deulles o seu leite para que sobrevivisen.

Máis tarde, un pastor, e a súa esposa  atopáronos e criaron os xemelgos como se foran os seus fillos.

Cando medraron, Rómulo e Remo decidiron fundar unha cidade no lugar onde a loba os salvara.
Pero discutiron sobre dúas cousas:

  • quen debía ser o rei,
  • e en que lugar exacto debía construírse a cidade.

Para decidir, observaron os paxaros, que eran considerados un sinal dos deuses.
Rómulo viu máis paxaros e pensou que ese era o sinal de que el debía ser o rei.

A discusión entre os irmáns non rematou ben.
Durante unha pelexa, Rómulo matou a Remo.
Despois, Rómulo converteuse no primeiro rei de Roma e deulle á cidade o seu nome.

 O significado da lenda
Aínda que é só unha lenda, esta historia mostra valores moi importantes para os romanos:

  • a coraxe,
  • a determinación,
  • e o deseo de crear algo grande.

Roma, fundada por Rómulo segundo a lenda, chegou a ser un dos imperios máis poderosos da historia antiga.

Por que é importante para nós?
É importante coñecer como evolucionou Roma e a súa cultura,
porque moitas cousas da nosa vida actual —como as leis, as construcións, o calendario ou algunhas palabras—
veñen da civilización romana.

Actividade grupal: A lenda de Rómulo e Remo

Agora repartídevos en grupos e mirade o seguinte vídeo:

Tras ver o vídeo, facede unha táboa e anotade as respostas as seguintes preguntas:

  • En que século se sitúa a lenda?
  • Como se chamaban os irmáns que se disputaban o reino de Alba Longa?
  • E a filla supervivente?
  • Quen era Marte?
  • Como se chamaban as cidades que Rómulo e Remo querían fundar?.
  • Que sucedeu entre os irmáns?
  • En que data se recolle a fundación de Roma no mito?
  • Que foi entón o primeiro rei de Roma?
  • Coñeciades esta lenda?
  • Por último, redactade unha conclusión (5-10 liñas), coas vosas propias palabras, sobre o valor dos mitos e se atopades algunha similitude con outras lendas e historias que poidades coñecer.

Actividades multinivel

A historia de Roma é fascinante. O seu desenvolvemento político e militar vai afectar a toda Europa e o Mediterráneo por milenios. Antes de afondar nestes abraiantes contidos, demostra que sabes de unidades anteriores e que recordas doutras ensinanzas?

Opción A: A inauguración do Coliseo vista polo poeta Marcial.

Le este texto de Marcial, poeta hispano-romano do 40-104 d. C. ,sobre a inauguración do Coliseo en Roma. Nel descríbese un combate de gladiadores, Prisco e Vero.

"Mentres que Prisco e Vero alongaban o enfrontamento,
e por longo tempo a loita foi igualada en ambos os lados,
altos e repetidos berros reclamaban a liberdade para os homes;
pero César seguiu a súa propia lei; 
era a lei de loitar co escudo ata que un dedo se alzase: 
fixo o que lle estaba permitido, a miúdo deu comidas e agasallos.
Pero chegouse ao final coa mesma igualdade:
iguais ao loitar, iguais ao ceder.
César enviou espadas de madeira a ambos e palmas a ambos:
por tanto, a coraxe e a habilidade recibiron o seu premio.
Isto non tivo lugar ante ningún príncipe salvo ti, César:
cando dous loitaron, ambos foron vitoriosos."

O relato de Marcial sobre o combate entre Prisco e Vero mostra un resultado inesperado e extremadamente raro. Normalmente, os combates entre gladiadores só terminaban cando un combatente elevaba un dedo en sinal de derrota. Con todo, existían outros modos de terminar un combate: denominábase missio a unha acción mediante a cal un loitador podía ser retirado dun combate. Iso non quere dicir que deixase de ser gladiador, senón que deixaba o combate e volvía aos adestramentos.

Busca no texto cal foi o símbolo da vitoria de ambos gladiadores e anótao no teu caderno.

Pensas que era algo habitual este final? Como pensas que terminaban estas loitas?

Opción B: A importancia da toponimia

Pregunta

Moitas das cidades actuais, deben a súa denominación ó nome que a poboación romana lle deu cando as poboaron ou crearon. Intenta deducir o topónimo actual co seu nome romano. 

Lucus Augusti

Respostas

Lugo

Lugano

Lugones

Retroalimentación

Pregunta

Asturica Augusta

Respostas

Astureses

Asturias

Astorga

Retroalimentación

Pregunta

Augusta Emerita

Respostas

Madrid

Mérida

Segovia

Retroalimentación

Pregunta

Caesaraugusta

Respostas

Cáceres

Zaragoza

Zamora

Retroalimentación

Opción C: Sopa de recordos

2

Atopar as palabras ocultas relacionadas con Roma.

%E9%B0%E6%EB%E2%F7%D5%F3%FF%F7%B0%A8%B0%C1%FD%E2%F3%B0%BE%B0%FB%FC%E1%E6%E0%E7%F1%E6%FB%FD%FC%E1%B0%A8%B0%AE%E2%AC%D3%E6%FD%E2%F3%E0%B2%F3%E1%B2%E2%F3%FE%F3%F0%E0%F3%E1%B2%FD%F1%E7%FE%E6%F3%E1%B2%E0%F7%FE%F3%F1%FB%FD%FC%F3%F6%F3%E1%B2%F1%FD%FC%B2%C0%FD%FF%F3%BC%AE%BD%E2%AC%B0%BE%B0%E1%FA%FD%E5%DF%FB%FC%FB%FF%FB%E8%F7%B0%A8%F4%F3%FE%E1%F7%BE%B0%FB%E6%FB%FC%F7%E0%F3%E0%EB%B0%A8%E9%B0%E1%FA%FD%E5%D1%FE%E7%F7%B0%A8%F4%F3%FE%E1%F7%BE%B0%F1%FE%E7%F7%D5%F3%FF%F7%B0%A8%B0%B0%BE%B0%E2%F7%E0%F1%F7%FC%E6%F3%F5%F7%D1%FE%E7%F7%B0%A8%A6%A2%BE%B0%E1%FA%FD%E5%D1%FD%F6%F7%D3%F1%F1%F7%E1%E1%B0%A8%F4%F3%FE%E1%F7%BE%B0%F1%FD%F6%F7%D3%F1%F1%F7%E1%E1%B0%A8%B0%B0%BE%B0%FF%F7%E1%E1%F3%F5%F7%D1%FD%F6%F7%D3%F1%F1%F7%E1%E1%B0%A8%B0%B0%EF%BE%B0%E5%FD%E0%F6%E1%D5%F3%FF%F7%B0%A8%C9%E9%B0%E5%FD%E0%F6%B0%A8%B0%C0%F7%FF%FD%B0%BE%B0%F6%F7%F4%FB%FC%FB%E6%FB%FD%FC%B0%A8%B0%C7%FC%B2%F6%FD%E1%B2%F4%E7%FC%F6%F3%F6%FD%E0%F7%E1%B2%F6%F3%B2%F1%FB%F6%F3%F6%F7%B2%F7%E6%F7%E0%FC%F3%B0%BE%B0%EA%B0%A8%A2%BE%B0%EB%B0%A8%A2%BE%B0%F3%E7%E6%FA%FD%E0%B0%A8%B0%B0%BE%B0%F3%FE%E6%B0%A8%B0%B0%BE%B0%E7%E0%FE%B0%A8%B0%B0%BE%B0%F3%E7%F6%FB%FD%B0%A8%B0%B0%BE%B0%E2%F7%E0%F1%F7%FC%E6%F3%F5%F7%C1%FA%FD%E5%B0%A8%FC%E7%FE%FE%EF%BE%E9%B0%E5%FD%E0%F6%B0%A8%B0%C0a%FF%E7%FE%FD%B0%BE%B0%F6%F7%F4%FB%FC%FB%E6%FB%FD%FC%B0%A8%B0%DF%F3%E6%FD%E7%B2%F3%FD%B2%E1%F7%E7%B2%FB%E0%FFs%FC%B2%F6%F7%E1%E2%FD%FB%E1%B2%F6%F7%B2%F4%E7%FC%F6%F3%E0%B2%C0%FD%FF%F3%B0%BE%B0%EA%B0%A8%A2%BE%B0%EB%B0%A8%A2%BE%B0%F3%E7%E6%FA%FD%E0%B0%A8%B0%B0%BE%B0%F3%FE%E6%B0%A8%B0%B0%BE%B0%E7%E0%FE%B0%A8%B0%B0%BE%B0%F3%E7%F6%FB%FD%B0%A8%B0%B0%BE%B0%E2%F7%E0%F1%F7%FC%E6%F3%F5%F7%C1%FA%FD%E5%B0%A8%FC%E7%FE%FE%EF%BE%E9%B0%E5%FD%E0%F6%B0%A8%B0%C0%FD%FF%F3%B0%BE%B0%F6%F7%F4%FB%FC%FB%E6%FB%FD%FC%B0%A8%B0%D1%FB%F6%F3%F6%F7%B2%F7%E6%F7%E0%FC%F3%B0%BE%B0%EA%B0%A8%A2%BE%B0%EB%B0%A8%A2%BE%B0%F3%E7%E6%FA%FD%E0%B0%A8%B0%B0%BE%B0%F3%FE%E6%B0%A8%B0%B0%BE%B0%E7%E0%FE%B0%A8%B0%B0%BE%B0%F3%E7%F6%FB%FD%B0%A8%B0%B0%BE%B0%E2%F7%E0%F1%F7%FC%E6%F3%F5%F7%C1%FA%FD%E5%B0%A8%FC%E7%FE%FE%EF%BE%E9%B0%E5%FD%E0%F6%B0%A8%B0%DD%E7%E6%F7%FB%E0%FD%E1%B0%BE%B0%F6%F7%F4%FB%FC%FB%E6%FB%FD%FC%B0%A8%B0%C1%F7%E6%F7%B2%FF%FD%FC%E6%F3c%F3%E1%B2%E3%E7%F7%B2%E0%FD%F6%F7%F3%F0%F3%FC%B2%C0%FD%FF%F3%B0%BE%B0%EA%B0%A8%A2%BE%B0%EB%B0%A8%A2%BE%B0%F3%E7%E6%FA%FD%E0%B0%A8%B0%B0%BE%B0%F3%FE%E6%B0%A8%B0%B0%BE%B0%E7%E0%FE%B0%A8%B0%B0%BE%B0%F3%E7%F6%FB%FD%B0%A8%B0%B0%BE%B0%E2%F7%E0%F1%F7%FC%E6%F3%F5%F7%C1%FA%FD%E5%B0%A8%FC%E7%FE%FE%EF%BE%E9%B0%E5%FD%E0%F6%B0%A8%B0%DF%FD%FC%F3%E0%E3%E7%7F%F3%B0%BE%B0%F6%F7%F4%FB%FC%FB%E6%FB%FD%FC%B0%A8%B0%C2%E0%FB%FF%F7%FB%E0%FD%B2%E1%FB%E1%E6%F7%FF%F3%B2%F6%F7%B2%F5%FD%F0%F7%E0%FC%FD%B2%E3%E7%F7%B2%E6%FB%E4%FD%B2%C0%FD%FF%F3%B2%E2%FD%E0%B2%FB%FC%F4%FE%E7%F7%FC%F1%FB%F3%B2%F7%E6%E0%E7%E1%F1%F3%B0%BE%B0%EA%B0%A8%A2%BE%B0%EB%B0%A8%A2%BE%B0%F3%E7%E6%FA%FD%E0%B0%A8%B0%B0%BE%B0%F3%FE%E6%B0%A8%B0%B0%BE%B0%E7%E0%FE%B0%A8%B0%B0%BE%B0%F3%E7%F6%FB%FD%B0%A8%B0%B0%BE%B0%E2%F7%E0%F1%F7%FC%E6%F3%F5%F7%C1%FA%FD%E5%B0%A8%FC%E7%FE%FE%EF%BE%E9%B0%E5%FD%E0%F6%B0%A8%B0%C0%F7%E2h%F0%FE%FB%F1%F3%B0%BE%B0%F6%F7%F4%FB%FC%FB%E6%FB%FD%FC%B0%A8%B0%C1%FB%E1%E6%F7%FF%F3%B2%F6%F7%B2%F5%FD%F0%F7%E0%FC%FD%B2%F0%F3%E1%F7%F3%F6%FD%B2%FC%E7%FC%B2%E1%F7%FC%F3%F6%FD%B2%F6%F7%B2%E2%F3%E6%E0%FB%F1%FB%FD%E1%B2%E3%E7%F7%B2%F3%FC%E6%F7%F1%F7%F6%F7%E7%B2%F3%FD%B2%DB%FF%E2%F7%E0%FB%FD%B2%E0%FD%FF%F3%FC%FD%B0%BE%B0%EA%B0%A8%A2%BE%B0%EB%B0%A8%A2%BE%B0%F3%E7%E6%FA%FD%E0%B0%A8%B0%B0%BE%B0%F3%FE%E6%B0%A8%B0%B0%BE%B0%E7%E0%FE%B0%A8%B0%B0%BE%B0%F3%E7%F6%FB%FD%B0%A8%B0%B0%BE%B0%E2%F7%E0%F1%F7%FC%E6%F3%F5%F7%C1%FA%FD%E5%B0%A8%FC%E7%FE%FE%EF%BE%E9%B0%E5%FD%E0%F6%B0%A8%B0%DB%FF%E2%F7%E0%FB%FD%B0%BE%B0%F6%F7%F4%FB%FC%FB%E6%FB%FD%FC%B0%A8%B0%5B%E2%FD%F1%F3%B2%F6%F7%B2%F7%E1%E2%FE%F7%FC%F6%FD%E0%B2%F6%FD%B2%F5%FD%F0%F7%E0%FC%FD%B2%F6%F7%B2%C0%FD%FF%F3%B2%E1%FD%F0%E0%F7%B2%FD%B2%DF%F7%F6%FB%E6%F7%E0%E0s%FC%F7%FD%B0%BE%B0%EA%B0%A8%A2%BE%B0%EB%B0%A8%A2%BE%B0%F3%E7%E6%FA%FD%E0%B0%A8%B0%B0%BE%B0%F3%FE%E6%B0%A8%B0%B0%BE%B0%E7%E0%FE%B0%A8%B0%B0%BE%B0%F3%E7%F6%FB%FD%B0%A8%B0%B0%BE%B0%E2%F7%E0%F1%F7%FC%E6%F3%F5%F7%C1%FA%FD%E5%B0%A8%FC%E7%FE%FE%EF%CF%BE%B0%FB%E1%C1%F1%FD%E0%FF%B0%A8%A2%BE%B0%E6%F7%EA%E6%D0%E7%E6%E6%FD%FC%C1%F1%FD%E0%FF%B0%A8%B0%D5%F3%E0%F6%F3%E0%B2%F3%B2%E2%E7%FC%E6%E7%F3%F1%FBa%FC%B0%BE%B0%E0%F7%E2%F7%F3%E6%D3%F1%E6%FB%E4%FB%E6%EB%B0%A8%F4%F3%FE%E1%F7%BE%B0%E6%F7%EA%E6%D4%F7%F7%F6%D0%F3%F1%F9%B0%A8%B0%B0%BE%B0%E6%F7%EA%E6%D3%F4%E6%F7%E0%B0%A8%B0%B0%BE%B0%F4%F7%F7%F6%D0%F3%F1%F9%B0%A8%F4%F3%FE%E1%F7%BE%B0%E2%F7%E0%F1%F7%FC%E6%F3%F8%F7%D4%D0%B0%A8%A3%A2%A2%BE%B0%E4%F7%E0%E1%FB%FD%FC%B0%A8%A3%BE%B0%E2%F7%E0%F1%F7%FC%E6%F3%F8%F7%C3%E7%F7%E1%E6%FB%FD%FC%E1%B0%A8%A3%A2%A2%BE%B0%E6%FB%FF%F7%B0%A8%A2%BE%B0%F6%FB%F3%F5%FD%FC%F3%FE%E1%B0%A8%F4%F3%FE%E1%F7%BE%B0%E0%F7%E4%F7%E0%E1%F7%E1%B0%A8%F4%F3%FE%E1%F7%BE%B0%E1%FA%FD%E5%C0%F7%E1%FD%FE%E4%F7%B0%A8%E6%E0%E7%F7%BE%B0%F7%E4%F3%FE%E7%F3%E6%FB%FD%FC%B0%A8%F4%F3%FE%E1%F7%BE%B0%F7%E4%F3%FE%E7%F3%E6%FB%FD%FC%DB%D6%B0%A8%B0%B0%BE%B0%FB%F6%B0%A8%B0%A0%A2%A0%A7%A1%A0%A7%A3%A5%A7%AA%A3%A1%BF%A4%A2%B0%BE%B0%FF%E1%F5%E1%B0%A8%E9%B0%FF%E1%F5%C0%F7%E2%FE%EB%B0%A8%B0%C0%F7%E1%E2%FD%E1%E6%F3%E0%B0%BE%B0%FF%E1%F5%D7%FC%E6%F7%E0%D1%FD%F6%F7%B0%A8%B0%DB%FC%E6%E0%FD%F6%E7%E8%F3%B2%FD%B2%F1a%F6%FB%F5%FD%B2%F6%F7%B2%F3%F1%F1%F7%E1%FD%B0%BE%B0%FF%E1%F5%D7%E0%E0%FD%E0%D1%FD%F6%F7%B0%A8%B0%DD%B2%F1a%F6%FB%F5%FD%B2%F6%F7%B2%F3%F1%F1%F7%E1%FD%B2%FC%FD%FC%B2%7B%B2%F1%FD%E0%E0%F7%F1%E6%FD%B0%BE%B0%FF%E1%F5%D1%FE%E7%F7%B0%A8%B0%CA%F7%FC%FB%F3%FE%B3%B2%D3%B2%E2%FB%E1%E6%F3%B2%7B%A8%B0%BE%B0%FF%E1%F5%D1%FD%F6%F7%D3%F1%F1%F7%E1%E1%B0%A8%B0%D1a%F6%FB%F5%FD%B2%F6%F7%B2%F3%F1%F1%F7%E1%FD%B0%BE%B0%FF%E1%F5%C2%FE%F3%EB%C1%E6%F3%E0%E6%B0%A8%B0%D1%FE%FB%E3%E7%F7%B2%F3%E3%E7%7F%B2%E2%F3%E0%F3%B2%EA%FD%F5%F3%E0%B0%BE%B0%FF%E1%F5%DA%FB%E6%E1%B0%A8%B0%D3%F1%F7%E0%E6%FD%E1%B0%BE%B0%FF%E1%F5%C1%F1%FD%E0%F7%B0%A8%B0%C2%E7%FC%E6%E7%F3%F1%FBa%FC%B0%BE%B0%FF%E1%F5%DF%FB%FC%FB%FF%FB%E8%F7%B0%A8%B0%DF%FB%FC%FB%FF%FB%E8%F3%E0%B0%BE%B0%FF%E1%F5%DF%F3%EA%FB%FF%FB%E8%F7%B0%A8%B0%DF%F3%EA%FB%FF%FB%E8%F3%E0%B0%BE%B0%FF%E1%F5%C6%FB%FF%F7%B0%A8%B0%C6%F7%FF%E2%FD%B2%FE%7F%FF%FB%E6%F7%B2%BA%FF%FF%A8%E1%E1%BB%B0%BE%B0%FF%E1%F5%D4%E7%FE%FE%C1%F1%E0%F7%F7%FC%B0%A8%B0%C2%F3%FC%E6%F3%FE%FE%F3%B2%D1%FD%FF%E2%FE%F7%E6%F3%B0%BE%B0%FF%E1%F5%D7%EA%FB%E6%D4%E7%FE%FE%C1%F1%E0%F7%F7%FC%B0%A8%B0%C1%F3%7F%E0%B2%F6%F7%B2%E2%F3%FC%E6%F3%FE%FE%F3%B2%F1%FD%FF%E2%FE%F7%E6%F3%B0%BE%B0%FF%E1%F5%DC%E7%FF%C3%E7%F7%E1%E6%FB%FD%FC%E1%B0%A8%B0%DCh%FF%F7%E0%FD%B2%F6%F7%B2%E2%E0%F7%F5%E7%FC%E6%F3%E1%B0%BE%B0%FF%E1%F5%DC%FD%DB%FF%F3%F5%F7%B0%A8%B0%C2%E0%F7%F5%E7%FC%E6%F3%B2%E1%F7%FC%B2%FB%FF%F3%EA%F7%E1%B0%BE%B0%FF%E1%F5%C1%E7%F1%F1%F7%E1%E1%F7%E1%B0%A8%B0%D1%FD%E0%E0%F7%F1%E6%FD%B3%B2%EE%B2%D7%EA%F1%F7%FE%F7%FC%E6%F7%B3%B2%EE%B2%CA%F7%FC%FB%F3%FE%B3%B2%EE%B2%DF%FD%FB%B2%F0%F7%FC%B3%B2%EE%B2%C2%F7%E0%F4%F7%F1%E6%FD%B3%B0%BE%B0%FF%E1%F5%D4%F3%FB%FE%E7%E0%F7%E1%B0%A8%B0%DC%FD%FC%B2%F7%E0%F3%B2%FB%E1%FD%B3%B2%EE%B2%DB%FC%F1%FD%E0%E0%F7%F1%E6%FD%B3%B2%EE%B2%DC%FD%FC%B2%7B%B2%F1%FD%E0%E0%F7%F1%E6%FD%B3%B2%EE%B2%C1%F7%FC%E6%7F%FF%FD%FE%FD%B3%B2%EE%B2%D7%E0%E0%FD%B3%B0%BE%B0%FF%E1%F5%C6%E0%EB%D3%F5%F3%FB%FC%B0%A8%B0%DC%F7%F1%F7%E1%FB%E6%F3%B2%E2%FD%FE%FD%B2%FF%F7%FC%FD%E1%B2%E7%FC%B2%B7%E1%B7%B2%F6%F7%B2%E0%F7%E1%E2%FD%E1%E6%F3%E1%B2%F1%FD%E0%E0%F7%F1%E6%F3%E1%B2%E2%F3%E0%F3%B2%F1%FD%FC%E1%F7%F5%E7%FB%E0%B2%F3%B2%FB%FC%F4%FD%E0%FF%F3%F1%FBa%FC%BC%B2%C4%FD%FE%E4%F3%B2%F3%B2%FB%FC%E6%F7%FC%E6%F3%FE%FD%BC%B0%BE%B0%FF%E1%F5%C1%F1%FD%E0%F7%C1%F1%FD%E0%FF%B0%A8%B0%D3%B2%E2%E7%FC%E6%E7%F3%F1%FBa%FC%B2%FC%FD%FC%B2%E1%F7%B2%E2%FD%F6%F7%B2%F5%F3%E0%F6%F3%E0%B2%E2%FD%E0%E3%E7%F7%B2%F7%E1%E6%F3%B2%E2s%EA%FB%FC%F3%B2%FC%FD%FC%B2%F4%FD%E0%FF%F3%B2%E2%F3%E0%E6%F7%B2%F6%E7%FC%B2%E2%F3%E3%E7%F7%E6%F7%B2%C1%D1%DD%C0%DF%BC%B0%BE%B0%FF%E1%F5%DD%FC%FE%EB%C1%F3%E4%F7%C1%F1%FD%E0%F7%B0%A8%B0%C1a%B2%E2%FD%F6%F7%B2%F5%F3%E0%F6%F3%E0%B2%F3%B2%E2%E7%FC%E6%E7%F3%F1%FBa%FC%B2%E7%FC%FA%F3%B2%E4%F7%E8%B3%B0%BE%B0%FF%E1%F5%DD%FC%FE%EB%C1%F3%E4%F7%B0%A8%B0%C1a%B2%E2%FD%F6%F7%B2%F5%F3%E0%F6%F3%E0%B2%E7%FC%FA%F3%B2%E4%F7%E8%B0%BE%B0%FF%E1%F5%DB%FC%F4%FD%E0%FF%F3%E6%FB%FD%FC%B0%A8%B0%DB%FC%F4%FD%E0%FF%F3%F1%FBa%FC%B0%BE%B0%FF%E1%F5%DD%FC%FE%EB%C1%F3%E4%F7%D3%E7%E6%FD%B0%A8%B0%D3%B2%E1h%F3%B2%E2%E7%FC%E6%E7%F3%F1%FBa%FC%B2%F5%F3%E0%F6%F3%E0%F3%E1%F7%B2%F6%F7%E1%E2%FD%FB%E1%B2%F6%F7%B2%F1%F3%F6%F3%B2%E2%E0%F7%F5%E7%FC%E6%F3%BC%B2%C1a%B2%E2%FD%F6%F7%B2%EA%FD%F5%F3%E0%B2%E7%FC%FA%F3%B2%E4%F7%E8%BC%B0%BE%B0%FF%E1%F5%C1%F3%E4%F7%D3%E7%E6%FD%B0%A8%B0%D3%B2%E1h%F3%B2%E2%E7%FC%E6%E7%F3%F1%FBa%FC%B2%F5%F3%E0%F6%F3%E0%E1%F7%B2%F3%E7%E6%FD%FFs%E6%FB%F1%F3%FF%F7%FC%E6%F7%B2%F6%F7%E1%E2%FD%FB%E1%B2%F6%F7%B2%F1%F3%F6%F3%B2%E2%E0%F7%F5%E7%FC%E6%F3%BC%B0%BE%B0%FF%E1%F5%C1%F7%E4%F7%E0%F3%FE%C1%F1%FD%E0%F7%B0%A8%B0%C2%FD%F6%F7%B2%F5%F3%E0%F6%F3%E0%B2%F3%B2%E2%E7%FC%E6%E7%F3%F1%FBa%FC%B2%E6%F3%FC%E6%F3%E1%B2%E4%F7%F1%F7%E1%B2%F1%FD%FF%FD%B2%E3%E7%F7%FB%E0%F3%B0%BE%B0%FF%E1%F5%CB%FD%E7%DE%F3%E1%E6%C1%F1%FD%E0%F7%B0%A8%B0%D3%B2h%FE%E6%FB%FF%F3%B2%E2%E7%FC%E6%E7%F3%F1%FBa%FC%B2%F5%F3%E0%F6%F3%F6%F3%B2%7B%B0%BE%B0%FF%E1%F5%D3%F1%E6%FB%E6%EB%D1%FD%FF%E2%FE%EB%B0%A8%B0%CA%F3%B2%E0%F7%F3%FE%FB%E8%FD%E7%B2%F7%E1%E6%F3%B2%F3%F1%E6%FB%E4%FB%F6%F3%F6%F7%BC%B0%BE%B0%FF%E1%F5%C2%FE%F3%EB%C1%F7%E4%F7%E0%F3%FE%C6%FB%FF%F7%E1%B0%A8%B0%C2%FD%F6%F7%B2%E0%F7%F3%FE%FB%E8%F3%E0%B2%F7%E1%E6%F3%B2%F3%F1%E6%FB%E4%FB%F6%F3%F6%F7%B2%E6%F3%FC%E6%F3%E1%B2%E4%F7%F1%F7%E1%B2%F1%FD%FF%FD%B2%E3%E7%F7%FB%E0%F3%B0%BE%B0%FF%E1%F5%D1%FE%FD%E1%F7%B0%A8%B0%C2%F7%F1%FA%F3%E0%B0%BE%B0%FF%E1%F5%C2%FD%FB%FC%E6%E1%B0%A8%B0%E2%E7%FC%E6%FD%E1%B0%BE%B0%FF%E1%F5%D3%E7%F6%FB%FD%B0%A8%B0%D3%E7%F6%FB%FD%B0%BE%B0%FF%E1%F5%C5%FD%E0%F6%E1%D4%FB%FC%F6%B0%A8%B0%D3%E6%FD%E2%F3%F1%FA%F7%E1%B2%E6a%F6%F3%FE%F3%E1%B2%E2%F3%FE%F3%F0%E0%F3%E1%BC%B2%D3%B2%E6h%F3%B2%E2%E7%FC%E6%E7%F3%F1%FBa%FC%B2%7B%B2%B7%E1%BC%B0%BE%B0%FF%E1%F5%D7%FC%F6%D5%F3%FF%F7%C1%F1%FD%E0%F7%B0%A8%B0%D1%FD%FF%F7%E8%F3%B2%FD%B2%EA%FD%F5%FD%BC%BC%BC%B0%BE%B0%FF%F5%E1%D5%F3%FF%F7%C1%E6%F3%E0%E6%B0%A8%B0%DD%B2%EA%FD%F5%FD%B2%EA%F3%B2%F1%FD%FF%F7%E8%FD%E7%BC%B0%BE%B0%FF%E1%F5%CB%FD%E7%C1%F1%FD%E0%F7%B0%A8%B0%C2%E7%FC%E6%E7%F3%F1%FBa%FC%B0%BE%B0%FF%E1%F5%D7%FC%F6%C6%FB%FF%F7%B0%A8%B0%C0%F7%FF%F3%E6%FD%E7%B2%FD%B2%E6%F7%FF%E2%FD%B2%F6%FD%B2%EA%FD%F5%FD%BC%B2%D3%B2%E6h%F3%B2%E2%E7%FC%E6%E7%F3%F1%FBa%FC%B2%7B%B2%F6%F7%B2%B7%E1%BC%B0%BE%B0%FF%E1%F5%D7%FC%F6%B0%A8%B0%D4%FB%FC%F3%FE%B0%BE%B0%FF%E1%F5%D7%FC%F6%D5%F3%FF%F7%DF%B0%A8%B0%C0%F7%FF%F3%E6%F3%F1%FA%F7%E1%B2%FD%B2%EA%FD%F5%FD%BC%B2%D3%B2%E6h%F3%B2%E2%E7%FC%E6%FB%F3%F1%FBa%FC%B2%7B%B2%B7%E1%BC%B0%BE%B0%FF%E1%F5%C7%FC%F1%FD%FF%E2%FE%F7%E6%F7%F6%D3%F1%E6%FB%E4%FB%E6%EB%B0%A8%B0%D3%F1%E6%FB%E4%FB%F6%F3%F6%F7%B2%FC%FD%FC%B2%F1%FD%FF%E2%FE%F7%E6%F3%F6%F3%B0%BE%B0%FF%E1%F5%C1%E7%F1%F1%F7%E1%E1%F4%E7%FE%D3%F1%E6%FB%E4%FB%E6%EB%B0%A8%B0%D3%F1%E6%FB%E4%FB%F6%F3%F6%F7%B2%E1%E7%E2%F7%E0%F3%F6%F3%BC%B2%C2%E7%FC%E6%E7%F3%F1%FBa%FC%A8%B2%B7%E1%B0%BE%B0%FF%E1%F5%C7%FC%E1%E7%F1%F1%F7%E1%E1%F4%E7%FE%D3%F1%E6%FB%E4%FB%E6%EB%B0%A8%B0%D3%F1%E6%FB%E4%FB%F6%F3%F6%F7%B2%FC%FD%FC%B2%E1%E7%E2%F7%E0%F3%F6%F3%BC%B2%C2%E7%FC%E6%E7%F3%F1%FBa%FC%A8%B2%B7%E1%B0%BE%B0%FF%E1%F5%C6%EB%E2%F7%D5%F3%FF%F7%B0%A8%B0%C1%FD%E2%F3%B2%F6%F7%B2%FE%F7%E6%E0%F3%E1%B0%EF%EF
0123456
O navegador non é compatible con esta ferramenta.

Diario de aprendizaxe

Imaxe do diario de aprendizaxe no proxecto cREAgal. Amosa un lapis e un caderno co logotipo do proxecto na tapaAgora tes que reflexionar sobre os contidos que repasamos. Para iso, abre o teu diario de aprendizaxe e completa a fase 2.

Recordabas estes coñecementos de Primaria?

Feito con eXeLearning (Nova xanela)