Glosario
Aturuxo

-
Definición:
-
Berro forte, agudo e longo que se lanza para expresar alegría, sobre todo en festas ou durante certos traballos no campo.
-
Exemplo:
-
Cando empezou a música, escoitáronse varios aturuxos entre o público.
Cuncha

-
Definición:
-
Instrumento feito con dúas cunchas de vieira que se golpean entre si para facer son.
-
Exemplo:
-
Na festa tradicional tocaban as cunchas ao ritmo da pandeireta.
Maneo

-
Definición:
-
Danza tradicional propia dalgunhas zonas de Galicia.
-
Exemplo:
-
Os veciños bailaron un maneo na praza durante as festas patronais.
Narrador ou narradora

-
Definición:
-
Persoa que relata feitos ou historias, xa sexa oralmente ou por escrito.
-
Exemplo:
-
Antía é unha gran narradora de historias de medo.

