| Título |
O gran libro das emocións |
|---|---|
| Descrición |
REA da materia de Lingua e Literatura Galega de 6º de primaria. Correspóndese coa unidade didáctica 4, da programación modelo de PROENS publicada pola Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades. Xunta de Galicia. Nesta situación de aprendizaxe, o alumnado investigará e creará historias relacionadas coas emocións, organizándoas nun libro colectivo. O proxecto permitirá traballar a expresión escrita e oral, ademais da comprensión e transmisión de sentimentos a través da linguaxe. O alumnado aprenderá a estruturar narracións, describir personaxes e escenarios e dar vida a relatos que conecten co lector. Ademais, este reto está vinculado aos ODS 4 (Educación de Calidade) e ODS 11 (Cidades e comunidades sostibles), xa que fomenta a educación emocional e a comunicación como ferramentas clave para o desenvolvemento persoal e social. Para garantir a accesibilidade de todos os textos, procurarase adaptalos para todas as persoas, empregando unha linguaxe clara e diversas formas de presentación da información |
| Persoas elaboradoras |
Vanesa Iglesias Crespo, Mª Reyes Rivero Fernández, Jorge Agustín Vázquez Blanco. |
| Organización | Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa. Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional. Xunta de Galicia. |
| Licenza | Licenza Creative Commons Recoñecemento Non comercial Compartir igual 4.0 |
| Identificación |
"O gran libro das emocións"; ISSN (web): 3101-0040 |
Este contido foi creado con eXeLearning, o editor libre e de fonte aberta deseñado para crear recursos educativos.
