En Galicia hai moitas festas de carácter ancestral.
Patrimonio oral
Definición:
Conxunto de tradicións e expresións culturais de certa antigüidade e importancia recoñecida, pertencente a unha colectividade, e que se transmiten de xeración en xeración, sen instrucións escritas.
Exemplo:
Canto patrimonio oral escoitabamos de meniñas no meu pobo!
Emocións en palabras: unha viaxe a través das lendas da nosa terra
Galicia é terra de lendas! Terra de paisaxes máxicas e tradicións ancestrais, agocha entre as súas montañas, ríos e costas un rico tesouro de lendas e mitos. Estas historias, transmitidas de xeración en xeración a través da tradición oral, son moito máis que simples contos; son a alma dun pobo, o reflexo da súa historia, das súas crenzas e da súa conexión coa natureza.
Nesta situación de aprendizaxe embarcaraste, nunha viaxe apaixonante para descubrir o fascinante mundo das lendas galegas. A través da lectura, a investigación e a creatividade, desentrañarás os segredos que agochan estas lendas e descubrirás como as emocións, os valores e as ensinanzas se entrelazan nas súas tramas. Ademais, aprenderás a valorar e preservar este patrimonio cultural inmaterial, recoñecendo a importancia das lendas na construción da nosa identidade como galegos e galegas. Para comezar esta aventura, dedicaremos as primeiras sesións a explorar o universo das lendas galegas; mira os vídeos que presentamos a continuación:
As bruxas de Maside
O polbo colosal
As pedras de Muxía
O home misterioso da traxedia do Serpent
Os bautizos prenatais
O lendario da Torre da Moa
Lectura facilitada
Galicia é unha terra de lendas antigas,
contadas de pais a fillos.
Son a historia, as crenzas e
a conexión coa natureza do pobo galego.
Nesta actividade, imos descubrir e
coidar as lendas galegas,
que nos fan ser quen somos.
Comezaremos vendo vídeos sobre elas.
Audio
Elaboración propia (proxecto cREAgal) con apoio de IA voz sintética xerada co modelo Celtia. Emocións en palabras(CC BY-NC-SA)
De xeración en xeración
A lingua, tanto na súa forma oral como escrita, é unha ferramenta moi poderosa para comunicar emocións. Seguro que aos teus familiares ou veciños/as lles tes escoitado máis dalgunha lenda ou mito.
Hai que ter en conta que, cando falamos de lendas ou mitos, as xeracións foron transmitindo o gran patrimonio oral que hoxe en día temos en Galicia e nel, sempre hai elementos reais e fantásticos.
Hai estudos que desmontan eses mitos. É interesante escoitar a outra versión...
Seguro que escoitaches máis de unha e dúas veces falar da queimada e da lúa, verdade que si?
Olla os seguintes vídeos e saca as túas propias conclusións:
Lectura facilitada
A lingua úsase para contar emocións.
As lendas e os mitos galegos pasaron de pais a fillos,
mesturando realidade e fantasía.
Hai estudos que analizan estes mitos,
e é interesante coñecer outras opinións.
Olla os vídeos.
Audio
Elaboración propia (proxecto cREAgal) con apoio de IA voz sintética xerada co modelo Celtia. De xeración en xeración(CC BY-NC-SA)
MOTUS dice Precisas saber algo máis?
Imos aproveitar para coñecer algo máis sobre estes mitos ou lendas galegas pero... desde outro punto de vista, que che parece?
A queimada
Como inflúe a lúa en nós?
Lectura facilitada
Imos ver as lendas dende outro punto de vista.
Audio
Elaboración propia (proxecto cREAgal) con apoio de IA voz sintética xerada co modelo Celtia. Outro punto de vista(CC BY-NC-SA)