Produto final

Neste último apartado, o grupo adaptará a súa lenda creando un texto adaptado para calquera persoa. Isto significa facer un texto que sexa máis fácil de entender para todas as persoas, con apoio visual, frases máis curtas e estrutura clara.
Por que facemos isto?
- Para que todas as persoas poidan gozar e comprender a historia, independentemente das súas capacidades ou dificultades.
- Porque traballamos o ODS 4: Educación de calidade e o ODS 11: Cidades e comunidades sostibles.
Obxectivo:
- Reescribir a lenda con frases curtas, sinxelas e claras.
- Facer que o texto teña estrutura clara e visual.
- Podes engadir imaxes ou pictogramas para que sexa máis doada de entender.
- Podes empregar diferentes formas de representación para facilitar a comprensión.
Opción A: Adaptación con frases curtas

- Reescribide a vosa lenda usando frases curtas e claras.
- Seguide os pasos dos textos adaptados.
- Podedes facelo a man ou a ordenador, segundo prefirades.
Opción B: Texto con pictogramas

- Podedes escribir a historia a man engadindo pictogramas.
- Podedes coller os pictogramas da páxina ARASAAC.
- Se o preferides, podedes usar a aplicación Araword, que xera o texto co apoio visual automaticamente.
Opción C: Adaptación con voz ou vídeo

- Podedes gravar un vídeo interpretando ou lendo a historia.
- Se non queredes usar a vosa voz, podedes empregar unha aplicación de intelixencia artificial que lea o texto por vós.
- Podedes poñer un código QR no libro para enlazar o vídeo ou audio da historia.
Reflexión grupal

- Foi fácil adaptar a historia para que a entendese todo o mundo?
- Que aprendizaxes levades deste proceso?
- Que lenda vos gustaría ler feita por outro grupo?
➡️ Cubride a ficha da fase 4.4 para organizar a adaptación da lenda.
Lectura facilitada
Agora toca facer algo moi importante: modificar a vosa lenda para que todas as persoas a poidan entender ben.
Por que facemos isto?
- Porque todas as persoas teñen dereito a entender as historias, mesmo se teñen dificultades.
- Porque queremos
. - Porque estamos a traballar o ODS 4: Educación de calidade e o ODS11: Cidades e comunidades sostibles.
Obxectivo
- Reescribir a lenda con frases curtas e claras.
- Engadir imaxes ou pictogramas para que sexa máis doada de entender.
- Facer que o texto teña estrutura clara e visual.
Opción: A man
- Escribide a nova versión da lenda en papel.
- Usade letra clara e frases curtas.
- Descargade pictogramas de www.arasaac.org e pegádeos no papel.
Opción 2: Dixital (en Writer)
- Escribide a vosa lenda en LibreOffice Writer.
- Engadide imaxes ou pictogramas de ARASAAC.
- Podedes usar o programa Araword, que pon pictogramas automaticamente. Pedide axuda se o necesitades.
Reflexión en grupo
- Foi doado facer a historia máis fácil de entender?
- Que aprendestes facendo esta tarefa?
- Que historia doutro grupo vos gustaría ler?
➡️ Cubride a ficha da Fase 4.4 para organizar a adaptación da vosa lenda. (odt - 57522 B)
