Que é imaxinario ou ficticio, sen ser fiel á realidade, aínda que poida inspirarse nela.
Exemplo:
A arte moderna adoita empregar formas abstractas.
Bosquexos
Definición:
Debuxos que mostran só as liñas básicas ou máis importantes.
Exemplo:
Gústame facer bosquexos antes de pintar.
Cativen
Definición:
Cativar: facer sentir cariño, afecto ou simpatía por algo ou alguén.
Exemplo:
A súa maneira de falar cativa aos oíntes.
Impreciso
Definición:
Que foi realizado ou definido sen claridade nin precisión
Exemplo:
O seu comentario foi moi impreciso.
Introdución
Neste reto, embarcaraste nunha viaxe para crear lendas e historias que cativen a imaxinación. Pero para conseguir este obxectivo, primeiro deberás dominar a arte dos determinantes. Son as ferramentas que nos permiten precisar, cuantificar e cualificar os substantivos, dándolles forma e significado.
Imaxina un pintor, necesita dominar a súa paleta para crear unha obra mestra. Do mesmo xeito, un escritor necesita comprender os determinantes para dar vida ás súas historias. Sen eles, as historias serían como bosquexos en branco e negro, sen a riqueza e o detalle que as fan memorables.
A medida que avances, descubrirás que os determinantes non son só regras gramaticais abstractas, senón ferramentas poderosas que poden dar forma á túa creatividade. Ao dominar os determinantes, poderás crear historias que transporten os teus lectores a mundos máxicos e lendas inesquecibles.
Lectura facilitada
A continuación imos coñecer os distintos tipos de determinantes.
Os determinantes acompañan os substantivos,
para precisalos, cuantificalos e cualificalos.
Coñecer os determinantes e empregalos ben,
será fundamental para acadar o reto e
poder crear historias.
Audio
Elaboración propia (proxecto cREAgal) con apoio de IA voz sintética xerada co modelo Celtia. Introdución 3.1(CC BY-NC-SA)
Determinantes
Os determinantes son palabras que acompañan o substantivo e carecen de significado propio. Adoitan concordar en xénero e número cos substantivos os que acompañan. Existen distintos tipos de determinantes: artigos, demostrativos, posesivos, numerais e indefinidos.
Tipos de determinantes:
Artigos
Hai dous tipos de artigos, os artigos determinados e os indeterminados.
Os determinados refírense a algo coñecido ou que queremos destacar entre os demais. As súas formas son:
Singular
Plural
Masculino
o
os
Feminino
a
as
Por exemplo: o libro
Os artigos indeterminados refírense a algo descoñecido ou impreciso. As súas formas son:
Singular
Plural
Masculino
un
uns
Feminino
unha
unhas
Por exemplo: un libro
Demostrativos
Os determinantes demostrativos acompañan ao substantivo e indican distancia con respecto ao falante, poden indicar que algo ou alguén está preto (esta casa), distancia media (esa casa) ou lonxe (aquela casa). Se non van acompañando a un substantivo, a súa función cambia, entón están funcionando como pronomes.
Os demostrativos varían en xénero e número.
As súas formas son:
Masculino
Feminino
Neutro
Singular
Plural
Singular
Plural
Singular
Preto
este
estes
esta
estas
isto
D. media
ese
eses
esa
esas
iso
Lonxe
aquel
aqueles
aquela
aquelas
aquilo
Posesivos
Os determinantes posesivos acompañan ao substantivo e indican posesión ou pertenza dun obxecto, calidade etc. Tamén poden funcionar como un pronome, se se atopan substituíndo ao substantivo.
O posesivo adoita ir acompañado do artigo, a súa estrutura é: artigo + posesivo + substantivo.
O obxecto pode pertencer a unha soa persoa (un posuidor) ou a varias (vario
s posuidores).
As súas formas son:
Un posuidor:
Singular
Plural
Por exemplo: a miña pelota.
Masculino
Feminino
Masculino
Feminino
Persoa
1ª
meu
miña
meus
miñas
2ª
teu
túa
teus
túas
3ª
seu
súa
seus
súas
Varios posuidores:
Singular
Plural
Por exemplo: o noso libro.
Masculino
Feminino
Masculino
Feminino
Persoa
1ª
noso
nosa
nosos
nosas
2ª
voso
vosa
vosos
vosas
3ª
seu
súa
seus
súas
Numerais
Os determinantes numerais expresan cantidade. Se acompañan a un substantivo están funcionando como determinantes pero tamén poden funcionar como pronomes, no caso de que se atopen substituíndo ao substantivo.
Poden ser: ordinais, cardinais, partitivos e multiplicativos.
Os ordinais indican orde na súa colocación ou dentro dun grupo: primeiro, segundo, terceiro, cuarto.... Os cardinais informan sobre cantidades exactas: un, dous, tres, catro, cinco…
Os partitivos indican partes da unidade: cuarto, metade, terzo...
Os multiplicativos aumentan a unidade un certo número de veces: dobre, triplo...
Indefinidos
Os determinantes indefinidos expresan cantidade pero de maneira imprecisa ou indeterminada. Acompañan o substantivo e tamén poden exercer de pronomes, se o substitúen.
Poden ser de dous tipos: variables e invariables.
Os variables son aqueles que teñen xénero e número. Podémolos atopar en masculino ou feminino e en singular ou plural.
Por exemplo:
ningún(s)/ningunha(s)
algún (s)/algunha(s)
outro (s)/outra(s)
moito (s)/moita(s)
certo (s)/certa(s)
todo (s)/toda(s)
bastante(s)
Os invariables non cambian de xénero e número.
Por exemplo:
cada
calquera
máis
menos
Lectura facilitada
Os determinantes acompañan os substantivos.
Concordan cos substantivos en xénero e número.
Hai distintos tipos de determinantes:
Artigos
Demostrativos
Posesivos
Numerais
Indefinidos
Os artigos poden ser:
Determinados se se refiren a algo coñecido.
Por exemplo: o libro
Indeterminados se se refiren a algo impreciso ou indeterminado.
Por exemplo: un libro
Os demostrativos, indican distancia con respecto
ao que fala. Pode ser que algo ou alguén estea preto
(esta casa), distancia media (esa casa) ou lonxe (aquela casa).
Os posesivos indican posesión ou pertenza dun obxecto, calidade...
Os numerais fan referencia a unha cantidade concreta, precisa...
Os indefinidos indican cantidade de forma imprecisa.
Audio
Elaboración propia (proxecto cREAgal) con apoio de IA voz sintética xerada co modelo Celtia. Determinantes(CC BY-NC-SA)
Contraccións
Algunhas preposicións xúntanse cos determinantes formando unha soa palabra: a isto chámaselle contracción.
As contraccións das preposicións co artigo son as seguintes:
Contraccións co artigo
Artigos Determinados
Artigos Indeterminados
o
a
os
as
un
unha
uns
unhas
Preposicións
a
ao (ó)
á
aos (ós)
ás
-
-
-
-
de
do
da
dos
das
dun
dunha
duns
dunhas
en
no
na
nos
nas
nun
nunha
nuns
nunhas
con
co
coa
cos
coas
cun
cunha
cuns
cunhas
por
polo
pola
polos
polas
-
-
-
-
As contraccións das preposicións co demostrativo son as seguintes:
Contraccións co demostrativo
Demostrativos
este(s)
ese(s)
aquel(es)
esta(s)
esa(s)
aquela(s)
isto
iso
aquilo
Preposicións
de
deste(s)
dese(s)
daquel(es)
desta(s)
desa(s)
daquela(s)
disto
diso
daquilo
en
neste(s)
nese(s)
naquel(es)
nesta(s)
nesa(s)
naquela(s)
nisto
niso
naquilo
Algúns indefinidos tamén contraen coas preposicións de e en, son as seguintes:
Contraccións cos indefinidos
Indefinidos
algún(s)
algunha(s)
outro(s)
outra(s)
Preposicións
de
dalgún(s)
dalgunha(s)
doutro(s)
doutra(s)
en
nalgún(s)
nalgunha(s)
noutro(s)
noutra(s)
Lectura facilitada
Unha contracción é a unión dun determinante cunha
preposición e forman unha soa palabra.
Audio
Elaboración propia (proxecto cREAgal) con apoio de IA voz sintética xerada co modelo Celtia. Contraccións(CC BY-NC-SA)
Mapa conceptual
Actividade grupal: Reescribindo as lendas na sociedade actual
As lendas forman parte da nosa tradición oral e están profundamente vencelladas á nosa identidade colectiva. Moitas destas historias naceron ligadas a lugares concretos e a feitos que, dalgún xeito, marcaron a vida das comunidades que as transmitiron.
Porén, cómpre que nos preguntemos: Está a sociedade moderna a acabar coas lendas? Algunhas destas narracións parecen perder sentido no mundo actual, mais tamén poden ser unha ferramenta poderosa para reflexionar sobre os problemas do presente.
Agora que xa coñeces algunhas lendas galegas, propoñémosche un reto creativo: elaborar en grupo o guión dunha breve representación teatral baseada nunha lenda tradicional, adaptándoa ao contexto actual e relacionándoa cun problema social, ambiental ou económico detectado na contorna.
Aquí tes algúns exemplos que poden inspirarte:
O Lobishome e a deforestación.
A Santa Compaña e a contaminación lumínica.
O Apalpador e a crise económica.
Dádelle unha volta ao mito, traédeo ao presente... e poñédeo en escena!
Exemplo
Precisas un exemplo? Preme na ligazón e descarga un exemplo.
Nun vello piso do outrora mariñeiro barrio do Berbés, @@na@@ cidade de Vigo, ten lugar @@unha@@ reunión moi especial entre seres que estiveron, están e quen sabe se seguirán estando @@no@@ futuro entre nós.
Fóra chove miúdo e, de cando en vez, @@un@@ relampo ilumina @@o@@ salón onde @@cinco@@ seres están reunidos ao redor dunha antiga mesa de madeira de carballo labrada á man. @@Algúns@@ están sentados, outros de pé, á espera de que cheguen os que faltan. Entre eles, quen os convocou: o Demo Maior, que é como lle chaman todos. No teito ferido @@polo@@ tempo, a tenue luz @@dunha@@ lámpada que semella unha araña morta proxecta desacougantes sombras sobre todos os presentes.
Pero quen son os protagonistas @@deste@@ relato que acabas de comezar? E por que é tan importante seguir as instrucións para ler @@este@@ libro?
Hai anos, facer unha presentación @@destes@@ seres sería @@algo@@ absurdo, mesmo aburrido, ademais @@dun@@ atrevemento non exento de risco. @@No@@ pasado, con só mencionar os @@seus@@ nomes, @@as@@ xentes fuxían co medo á vez que se persignaban e rezaban @@cantas@@ oracións lles viñesen á cabeza. É sabido que os seus nomes e as @@súas@@ historias se reservaban para as noites de inverno, a carón da lareira, ou para @@aquelas@@ ocasións en que se quería meter o medo no corpo dos cativos e cativas coa intención de que se portasen ben.
Fragmento de Miguel Anxo Alonso Diz. (2022). Instrucións para ler este libro. Edicións Xerais.
O navegador non é compatible con esta ferramenta.
Opción C: O detector de verdades. Verdadeiro ou falso
Indica se as seguintes afirmacións son verdadeiras ou falsas.
Retroalimentación
Falso
O, a, os, as son artigos determinados.
Retroalimentación
Verdadeiro
Esa, ese e iso, indican distancia media respecto a persoa que fala.
Retroalimentación
Falso
En galego os posesivos van acompañados por un artigo.
Retroalimentación
Falso
Primeiro é un ordinal, pero dous é cardinal.
Retroalimentación
Falso
Os determinantes numerais poden funcionar como pronomes.
Retroalimentación
Falso
Cada, é invariable.
Retroalimentación
Verdadeiro
Meu, teu, seu indican un só posuidor e están en singular.
Retroalimentación
Verdadeiro
Os determinantes demostrativos neutros non teñen plural.
Retroalimentación
Falso
Os determinantes indefinidos expresan cantidade imprecisa.