Glosario
Emoción
-
Definición:
-
Sentimento temporal que se produce pola sorpresa, o medo ou a alegría, e que pode provocar cambios no corpo ou na mente.
-
Exemplo:
-
Viviu unha emoción tan forte que o fixo chorar.
Lenda
-
Definición:
-
Historia popular transmitida de xeración en xeración, que pode ter un fondo histórico pero que foi deformada e esaxerada co paso do tempo.
-
Exemplo:
-
Segundo a lenda, na cova vivía algún dos seres mitolóxicos dos que fala a avoa.
Obxectivos de desenvolvemento sostible (ODS)
-
Definición:
-
Os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) son unha lista de metas importantes que buscan mellorar o mundo no que vivimos. Foron aprobados no ano 2015 por todos os países que forman parte das Nacións Unidas e forman parte dun plan chamado Axenda 2030. Estes obxectivos intentan acabar coa pobreza, coidar o medio ambiente e conseguir que todas as persoas do mundo teñan unha vida mellor. Hai 17 obxectivos en total, e o plan é conseguilos en 15 anos traballando xuntos.
-
Exemplo:
-
O obxectivo número 4 dos ODS 2030 é fomentar o desenvolvemento da competencia lingüística e a expresión creativa a través da narración.