Saltar navegación

2.2 Os textos literarios: orais e escritos

 

Glosario

Escrito

Pictograma de mensaxe escrito

Definición:

Que está comunicado ou expresado por medio de palabras escritas

Exemplo:

TNo seu caderno gardaba un segredo escrito que ninguén coñecía.

Intención

Pictograma de pensar

Definición:

Desexo ou propósito de facer algo.

Exemplo:

A súa intención era axudar, aínda que non o fixo da mellor maneira.

Oral

Pictograma de falar

Definición:

Que se comunica falando ou usando a voz.

Exemplo:

Fixemos unha presentación oral diante de toda a clase.

Poesía

Pictograma de poesía

Definición:

Tipo de texto literario que transmite sentimentos ou ideas usando ritmo, beleza e imaxes.

Exemplo:

Na escola escribimos unha poesía sobre a primavera.

Teatro

Pictograma de teatro

Definición:

Forma de literatura composta por diálogos e accións pensadas para ser representadas por actores.

Exemplo:

Participamos nunha obra de teatro no festival de fin de curso.

Textos segundo a súa intención comunicativa

Estivemos comprobando que o mundo das lendas está cheo de emocións agochadas. 

Tamén descubrimos que as lendas son un tipo de texto narrativo, cunha intención concreta, sobre o que falaremos moito para elaborar " O gran libro das emocións"

Por iso, queremos lembrar que:

Os textos segundo a súa intención comunicativa poden ser de diferentes tipos: informativos, literarios e prescritivos. 

Textos informativos

Pictograma cun sinal de información

Son un tipo de textos que serven para transmitir información. Algúns exemplos de textos informativos son a noticia periodística, artigo científico, folletos informativos...

A estrutura deste tipo de textos é: introdución, desenvolvemento e conclusión ou peche.

Textos literarios

Pictograma que representa un papel e unha pluma

Son textos creados para provocar reaccións no lector, empregan unha linguaxe elaborada e transmiten sentimentos para seren interpretados por quen os le.

Son textos únicos e ás veces considerados coma obras de arte.

Dentro dos textos literarios podemos distinguir tres tipos: a narrativa, o teatro e a poesía.

Textos prescritivos

Icona de correcto, incorrecto para ilustrar a teoría os textos prescritivos

Son un tipo de textos que tratan de dirixir a persoa lectora para acadar un obxectivo ou para regular o seu comportamento nunha situación ou contexto determinado.

Hai dous tipos de textos prescritivos:

Instrutivos: son un conxunto de indicacións que explican como se fai ou como funciona algo.

Normativos: son un conxunto de regras que ordenan de que maneira ten que facerse algo.

Lectura facilitada

Lembramos que as lendas están cheas de emocións.

As lendas son un tipo de texto narrativo.

Os textos teñen diferentes propósitos. Poden ser:

Textos informativos: dan información.

Por exemplo, unha noticia ou un folleto. 

Textos literarios: buscan provocar sentimentos

e usan palabras bonitas.

Hai tres tipos:

  • Narrativa
  • Teatro
  • Poesía

Textos prescritivos: indican como facer algo ou

como comportarse.

Poden ser de dous tipos

  • Instrutivos: explican como se fai algo.
  • Normativos: son un conxunto regras.

Audio

Elaboración propia (Proxecto cREAgal) con apoio de IA, voz sintética xerada co modelo Celtia. . Textos segundo a súa intención comunicativa (CC BY-NC-SA)



Textos atendendo a forma da súa mensaxe

A tipoloxía textual é moi variada. Neste caso, só nos imos centrar na forma da mensaxe que transmiten, para levar a cabo un resumo de cada tipo.

Esta clasificación está baseada na estrutura, no propósito e no estilo do texto.

Calquera deste tipo de texto podémolo encontrar e traballar tanto de xeito oral como de forma escrita.

O noso obxectivo é traballar cos relatos curtos e as lendas. Por iso, imos falar máis sobre este tema. Queremos que vexades que a lingua oral e escrita pode transmitir moreas de emocións e sentimentos.

Isto axuda a crear vínculos entre as persoas e a que valoremos e conservemos o patrimonio cultural e a memoria oral da nosa comunidade.

Que vos parece se afondamos un chisco máis na tipoloxía dos textos?

Lectura facilitada

A tipoloxía textual é moi variada.

Só nos imos centrar na forma da mensaxe que transmiten

para levar a cabo un resumo de cada tipo.

Esta clasificación está baseada na estrutura, no propósito e no estilo do texto.

Calquera deste tipo de texto o podemos encontrar e traballar tanto de xeito oral como de forma escrita.

Traballar os relatos curtos e lendas son o noso obxectivo

A lingua oral e escrita poden transmitir

moitas emocións e sentimentos.

Isto axuda a crear vínculos

entre as persoas e fomenta que

valoremos o patrimonio cultural e

a memoria oral da nosa comunidade.

Que vos parece se afondamos

un chisco máis na tipoloxía dos textos?

Audio

Elaboración propia (Proxecto cREAgal) con apoio de IA, voz sintética xerada co modelo Celtia.. Textos atendendo a forma da súa mensaxe. (CC BY-NC-SA)



Enche os ocos co que recordas

Le o seguinte parágrafo e completa as palabras que faltan.

A textual é moi variada.

Calquera tipo de texto o podemos encontrar e traballar tanto de xeito como .

Segundo a do que nos queren transmitir temos tipos de textos:

Os textos  son un tipo de textos que serven para transmitir información. Algúns exemplos de textos informativos son a noticia periodística, artigo científico, folletos informativos...

A estrutura deste tipo de textos é: desenvolvemento e ou peche.

Os textos son textos creados para provocar reaccións na persoa lectora, empregan unha elaborada e transmiten para seren interpretados por quen os le. Son textos únicos e as veces considerados coma obras de arte.

Dentro dos textos literarios, podemos distinguir tres tipos: a o teatro e a

Os textos  son un tipo de textos que tratan de  o lector para acadar un obxectivo ou para regular o seu nunha situación ou contexto determinado.

Hai dous tipos de textos prescritivos:

son un conxunto de indicacións que explican como se fai ou como funciona algo.

 son un conxunto de regras que ordenan de que maneira ten que facerse algo.

Activar JavaScript

Busca, le e clasifica

Dentro dos textos literarios podemos distinguir tres tipos: narrativa, teatro e poesía.

A continuación, tes un listado de ligazóns a obras de E-LBE.2. Accede a cada ligazón e, na vista previa, le para poder saber de que tipo de obra literaria se trata.

- Accede ao recurso Mambrú volveu da guerra de Carlos Labraña.

-Accede ao recurso Poetízate: Antoloxía da poesía galega de Fran Alonso.

-Accede ao recurso As músicas viaxeiras de Ramón Caride.

-Accede ao recurso Planeta Bugallo de Raquel Castro.

-Accede ao recurso Cidades de Fran Alonso.

-Accede ao recurso Trece avisos. Contos para ler pola noite de Paula Carballeira.

Para finalizar, copia e completa esta táboa cos títulos.

Tipos de obras literarias
Narrativa Poesía Teatro

Obra:

Autor/a:

Obra:

Autor/a:

Obra:

Autor/a:

Obra:

Autor/a:

Obra:

Autor/a:

Obra:

Autor/a:

Memoriza autores e autoras, obras e as temáticas que tratan

Pulsa sobre as tarxetas, para lembrar a temática das obras que clasificaches, e a ver que agochan.

{"typeGame":"FlipCards","author":"","randomCards":true,"instructions":"

Pulsa sobre as tarxetas, para lembrar a temática das obras que clasificaches, e a ver que agochan.

\n","showMinimize":false,"itinerary":{"showClue":false,"clueGame":"","percentageClue":40,"showCodeAccess":false,"codeAccess":"","messageCodeAccess":""},"cardsGame":[{"url":"","x":0,"y":0,"author":"","alt":"","audio":"","color":"#000000","backcolor":"#51dce6","eText":"Mambr%C3%BA%20volveu%20da%20guerra%20de%20Carlos%20Labra%C3%B1a","urlBk":"resources/teatro.png","xBk":0.4827586206896552,"yBk":0.5098594797068629,"authorBk":"","altBk":"","audioBk":"resources/teatro.mp3","colorBk":"#000000","backcolorBk":"#ffffff","eTextBk":""},{"url":"","x":0,"y":0,"author":"","alt":"","audio":"","color":"#000000","backcolor":"#51dce6","eText":"Planeta%20Bugallo%20de%20Raquel%20Castro","urlBk":"resources/teatro.png","xBk":0,"yBk":0,"authorBk":"","altBk":"","audioBk":"resources/teatro.mp3","colorBk":"#000000","backcolorBk":"#ffffff","eTextBk":""},{"url":"","x":0,"y":0,"author":"","alt":"","audio":"","color":"#000000","backcolor":"#51dce6","eText":"Poet%C3%ADzate%3A%20antolox%C3%ADa%20da%20poes%C3%ADa%20galega%20de%20Fran%20Alonso","urlBk":"resources/poesia.png","xBk":0,"yBk":0,"authorBk":"","altBk":"","audioBk":"resources/poesia.mp3","colorBk":"#000000","backcolorBk":"#ffffff","eTextBk":""},{"url":"","x":0,"y":0,"author":"","alt":"","audio":"","color":"#000000","backcolor":"#51dce6","eText":"Trece%20avisos%3A%20contos%20para%20ler%20pola%20noite%20de%20Paula%20Carballeira","urlBk":"resources/contar_un_cuento.png","xBk":0,"yBk":0,"authorBk":"","altBk":"","audioBk":"resources/narrativa.mp3","colorBk":"#000000","backcolorBk":"#ffffff","eTextBk":""},{"url":"","x":0.6418918918918919,"y":0.4460668234989561,"author":"","alt":"","audio":"","color":"#000000","backcolor":"#51dce6","eText":"Cidades%20de%20Fran%20Alonso","urlBk":"resources/poesia.png","xBk":0,"yBk":0,"authorBk":"","altBk":"","audioBk":"resources/poesia.mp3","colorBk":"#000000","backcolorBk":"#ffffff","eTextBk":""},{"url":"","x":0,"y":0,"author":"","alt":"","audio":"","color":"#000000","backcolor":"#51dce6","eText":"As%20m%C3%BAsicas%20viaxeiras%20de%20Ram%C3%B3n%20Caride","urlBk":"resources/contar_un_cuento.png","xBk":0,"yBk":0,"authorBk":"","altBk":"","audioBk":"resources/narrativa.mp3","colorBk":"#000000","backcolorBk":"#ffffff","eTextBk":""}],"isScorm":1,"textButtonScorm":"Gardar a puntuación","repeatActivity":true,"textAfter":"%3Cp%3E%3C/p%3E%0A%3C%21--a%3D1--%3E","version":1.3,"percentajeCards":100,"type":0,"showSolution":true,"timeShowSolution":3,"time":3,"evaluation":false,"evaluationID":"","id":"2025427211916-120","msgs":{"msgSubmit":"Enviar","msgClue":"Xenial! A pista é:","msgCodeAccess":"Código de acceso","msgPlayAgain":"Xogar outra vez","msgPlayStart":"Prema aquí para xogar","msgScore":"Puntuación","msgErrors":"Erros","msgHits":"Acertos","msgMinimize":"Minimizar","msgMaximize":"Maximizar","msgCool":"Xenial!","msgFullScreen":"Pantalla completa","msgExitFullScreen":"Saír de pantalla completa","msgSuccesses":"¡Correcto! | ¡Excelente! | ¡Genial! | ¡Muy bien! | ¡Perfecto!","msgFailures":"Correcto! | Excelente! | Xenial! | Moi ben! | Perfecto!","msgNoImage":"Pregunta sen imaxes","msgEndGameScore":"Antes de gardar a puntuación comece a partida.","msgScoreScorm":"Textos personalizados (pode deixar os valores predeterminados): Enviar Xenial! A pista é: Código de acceso Xogar outra vez Prema aquí para xogar Puntuación Erros Acertos Minimizar Maximizar Xenial! Pantalla Completa Saír de pantalla completa Correcto! | Excelente! | Xenial! | Moi ben! | Perfecto! Non era iso! | Incorrecto! | Non é correcto! | Sentímolo! | Erro! Pregunta sen imaxes Antes de gardar a puntuación comece a partida. A puntuación non se pode gardar porque esta páxina non forma parte dun paquete SCORM.","msgOnlySaveScore":"Só se pode gardar a puntuación unha vez!","msgOnlySave":"Só se pode gardar unha vez","msgInformation":"Información","msgYouScore":"A puntuación","msgAuthor":"Autoría","msgOnlySaveAuto":"A puntuación gardarase despois de cada pregunta. Só se pode xogar unha vez.","msgSaveAuto":"A puntuación gardarase automaticamente despois de cada pregunta.","msgSeveralScore":"Pódese gardar a puntuación tantas veces como se queira","msgYouLastScore":"Textos personalizados (pode deixar os valores predeterminados): Enviar Xenial! A pista é: Código de acceso Xogar outra vez Prema aquí para xogar Puntuación Erros Acertos Minimizar Maximizar Xenial! Pantalla Completa Saír de pantalla completa Correcto! | Excelente! | Xenial! | Moi ben! | Perfecto! Non era iso! | Incorrecto! | Non é correcto! | Sentímolo! | Erro! Pregunta sen imaxes Antes de gardar a puntuación comece a partida. A puntuación non se pode gardar porque esta páxina non forma parte dun paquete SCORM. Só se pode gardar a puntuación unha vez! Só se pode gardar unha vez Información A puntuación Autoría A puntuación gardarase despois de cada pregunta. Só se pode xogar unha vez. A puntuación gardarase automaticamente despois de cada pregunta. Pódese gardar a puntuación tantas veces como se queira A última puntuación gardada é","msgActityComply":"Xa realizaches esta actividade.","msgPlaySeveralTimes":"Pódese realizar esta actividade tantas veces como se queira","msgClose":"Pechar","msgAudio":"Audio","msgPreviousCard":"Anterior","msgNextCard":"Seguinte","msgNumQuestions":"Número de cartas","msgTrue":"Verdadeiro","msgFalse":"Falso","msgTryAgain":"Necesitas polo menos un %s% de respostas correctas para conseguir a información. Volve tentalo.","mgsAllQuestions":"Preguntas completadas!","msgTrue1":"Correcto. Esa é a carta.","msgTrue2":"Incorrecto. Esa non é a carta.","msgFalse1":"Has acertado. No es la cara correcta.","msgFalse2":"Correcto. Esa non é a carta.","mgsClickCard":"Preme na carta","msgEndTime":"Rematou o tempo do xogo. A túa puntuación é de %s.","msgEnd":"Finalizar","msgEndGameM":"Remataches o xogo. A túa puntuación é %s.","msgUncompletedActivity":"Actividad non completada","msgSuccessfulActivity":"Actividade superada. Puntuación: %s","msgUnsuccessfulActivity":"Actividade non superada. Puntuación: %s","msgTypeGame":"Cartas de memoria"}}
001122334455

O navegador non é compatible con esta ferramenta.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)