Un sentimento que aparece cando nos pasa algo importante. Pode ser alegría, medo, tristura, sorpresa...
Exemplo:
A emoción principal da nosa historia é a alegría, porque os personaxes logran resolver un problema xuntos.
Protagonista
Definición:
A personaxe máis importante da historia, sobre a que pasa a maior parte do que se conta.
Exemplo:
O protagonista do noso conto é un avó que consegue recuperar unha memoria perdida da súa infancia.
Tristura
Definición:
Estado de ánimo que se caracteriza polas ganas de chorar ou mesmo pola falta de interese pola vida, normalmente pasaxeiro e orixinado por un suceso desgraciado.
Exemplo:
As malas novas enchéronnos de tristura. Impresionoume a tristura da súa mirada.
Segundo reto: Definir as emocións
Neste segundo reto, o grupo centrarase nas emocións que aparecen na vosa historia. As emocións son moi importantes porque axudan a conectar coa xente e dan sentido ao que lles pasa ás personaxes.
Obxectivo:
Identificar a emoción principal da historia.
Recoñecer outras emocións que aparecen e relacionar cada unha cun momento da historia e cunha personaxe.
Expresar como nos sentiriamos se fósemos protagonistas da historia.
Opción A: Se escribides a vosa propia lenda
Elixide a emoción principal que queredes transmitir: medo, alegría, sorpresa, tristura, valentía, inseguridade...
Que personaxe sente esa emoción? En que momento da historia e por que?
Hai outras emocións? Cando aparecen? Que personaxes as senten?
Imaxinade como vos sentiriades vós se fósedes esa personaxe.
Opción B: Se escolledes unha lenda xa coñecida
Le de novo a historia con atención.
Identificade a emoción principal: quen a sente e cando aparece?
Hai outras emocións? Cando suceden e quen as sente?
Como vos sentiriades vós se estivésemos no lugar desa personaxe?
Reflexión grupal
Por que escolleu o grupo esa emoción como principal?
Como cambian a historia e as personaxes grazas ás emocións?
Identificástesvos con algunha emoción ou situación da historia?
➡️ Cubride agora a ficha da Fase 4.2. Podedes descargala aquí: Ficha das emocións
Lectura facilitada
Neste reto imos falar dos sentimentos.
As personaxes da historia senten cousas: medo, alegría, tristura, sorpresa, valentía, inseguridade...
Imos pensar que emocións aparecen e quen as sente.
Obxectivo:
Escribir a emoción máis importante da historia.
Dicir quen sente esa emoción e cando.
Buscar outras emocións que tamén aparecen.
Dicir como nos sentiriamos nós se fósemos a personaxe principal.
Se escribides a vosa propia lenda
Pensade que emoción queredes que se note na historia.
Que personaxe sente esa emoción? Cando e por que?
Hai máis emocións? Quen as sente?
Como vos sentiriades vós se fose a vosa historia?
Se escolledes unha lenda xa coñecida
Le a historia con atención.
Que emoción sente o protagonista? Cando?
Hai máis emocións? Cando aparecen e quen as sente?
Como vos sentiriades vós se foses esa personaxe?
Reflexión grupal
Por que escollemos esa emoción como a máis importante?
Que emocións nos fixo sentir esta historia?
Hai algo co que nos sentimos identificados?
➡️ Cubride agora a ficha da Fase 4.2. Podedes descargala aquí: Ficha das emocións
Audio
Elaboración propia (cREAgal). 4.2_ Segundo reto: Definir as emocións(CC BY-NC-SA)
MOTUS dice Precisas máis ideas?
Actividade despregable
Instrucións: Le cada historia curta e escolle no despregable como te fai sentir.