O lugar ou lugares onde se desenvolve a historia. Pode ser real ou inventado, como un bosque, unha cidade ou unha casa encantada.
Exemplo:
No noso conto, o escenario é unha illa misteriosa onde sempre chove.
Personaxe
Definición:
Cada unha das figuras (persoas, animais ou seres imaxinarios) que aparecen na historia e participan nela.
Exemplo:
A nosa personaxe principal é un neno valente que soña con ser explorador.
Relato
Definición:
Un texto no que se conta unha historia con personaxes, escenario, un problema e un final.
Exemplo:
O noso relato fala dunha lenda da aldea na que unha nena salva o monte dun lume máxico.
Primeiro reto: Describir personaxes e escenario
Neste primeiro reto, imos comezar a dar forma á nosa historia traballando dous elementos esenciais: as personaxes e o escenario. Estes serán os piares fundamentais sobre os que construiremos o noso relato para o “Gran libro das emocións”.
Obxectivo:
Definir as personaxes e o lugar onde se desenvolve a historia, tendo en conta se a historia é inventada ou baseada nunha lenda xa existente. Opcións segundo o tipo de historia:
Opción A: Se a historia é inventada polo grupo
Terán que imaxinar e decidir cantas personaxes van aparecer (recomendamos 2 ou 3).
Describir como son: aspecto físico, personalidade, emocións que senten etc.
Escoller o lugar ou lugares onde vai suceder a historia.
Ao rematar, cubride a ficha da Fase 1 segundo a opción escollida polo grupo. Podedes descargar a ficha da fase máis abaixo.
Tamén podedes coller as fichas do tema anterior como exemplo para crear personaxes e escenarios.
Opción B: Se traballan cunha lenda tradicional ou historia real
Analizar quen son as personaxes principais e como son.
Describir o espazo onde se desenvolve a historia.
Recoller esta información na ficha da Fase 1 que se pode descargar máis abaixo.
Todas e todos: Reflexión grupal
Por que escolleu o grupo esas personaxes?
Que emocións representan ou experimentan?
Como contribúe o escenario ao desenvolvemento da historia?
Ao rematar, cubride a ficha da Fase 4.1 segundo a opción escollida polo grupo. Podedes descargar a ficha aquí: Ficha análise lenda.
Lectura facilitada
Neste primeiro reto, imos comezar con: as personaxes e o escenario.
Obxectivo:
Definir as personaxes e o lugar onde se desenvolve a historia.
Opcións segundo o tipo de historia:
+ Se a historia é inventada polo grupo:
Terán que imaxinar e decidir cantas personaxes van aparecer (recomendamos 2 ou 3).
Describir como son: aspecto físico, personalidade, emocións que senten etc.
Escoller o lugar ou lugares onde vai suceder a historia.
Ao rematar, cubride a ficha da Fase 1 segundo a opción escollida polo grupo. Podedes descargar a ficha aquí: Ficha Fase 1.
Tamén podedes coller as fichas do tema anterior como exemplo para crear personaxes e escenarios. Ficha personaxe e ficha escenario.
+ Se traballan cunha lenda tradicional ou historia real:
Analizar quen son as personaxes principais e como son.
Describir o espazo onde se desenvolve a historia.
Recoller esta información na ficha da Fase 1.
Reflexión grupal
— Por que escollestes esas personaxes? — Que emocións representan ou experimentan? — Como contribúe o escenario ao desenvolvemento da historia?
Ao rematar, cubride a ficha da Fase 4.1 segundo a opción escollida polo grupo. Podedes descargar a ficha aquí: Ficha análise lenda.
Audio
Elaboración propia (cREAgal). 4.1_Primeiro reto: Describir personaxes e escenario(CC BY-NC-SA)
Le a historia e completa os ocos co adxectivo que mellor encaixe. Todos os adxectivos aparecen na actividade anterior. Hai adxectivos físicos, psicolóxicos e para o escenario.
Actividade de creación e descrición de personaxes
Completa a lista de cotexo marcando as casas correspondentes ás actividades rematadas.