Saltar navegación

Expositivos

 

Glosario

Coherencia

Pictograma que representa un crebacabezas

Definición:

Concordancia lóxica e ben organizada entre distintas ideas ou partes dun discurso ou texto.

Exemplo:

O seu relato tiña coherencia, todas as partes encaixaban perfectamente.

Cohesión

Pictograma que representa unha cadea

Definición:

Ligazón ou unión entre os elementos dun conxunto que fai que funcionen como unha unidade.

Exemplo:

O texto presentaba boa cohesión, porque as frases estaban ben conectadas entre si.

Divulgativos

Pictograma que representa unha persoa diante dun público

Definición:

Que teñen como obxectivo facer accesible o coñecemento a moitas persoas.

Exemplo:

Publicaron un libro divulgativo sobre ciencia adaptado para nenos e nenas.

Especializado

Pictograma que representa un público especiailzado

Definición:

Enfocado ou dedicado a unha área concreta de coñecemento ou traballo.

Exemplo:

Acudiron á charla dun técnico especializado en enerxías renovables.

Soporte

Pictograma que representa diferentes medios de comunicación

Definición:

Medio físico ou dixital no que se pode gardar ou mostrar información.

Exemplo:

Gravou a entrevista nun soporte dixital para poder editala despois.

Características dos textos expositivos

Elaboración propia para o programa cREAgal. Pictograma de un conta contos e con texto adaptado co programa Araword.

Os textos expositivos ofrecen información sobre un tema. Esta información ten que estar presentada de forma clara, ordenada e obxectiva, de xeito que se asegure a súa comprensión, por iso adoitan ter un título e apartados.

Os textos expositivos poden ser orais ou escritos. Os orais adoitan ser mais curtos e con menos información cós escritos.

Lectura facilitada

Os textos expositivos ofrecen información sobre un tema.

A presentación ten que ser clara, ordenada e obxectiva,

para asegurar a súa comprensión.

Os textos expositivos poden ser orais ou escritos.

Audio

Elaboración propia (Proxecto cREAgal) con apoio de IA, voz sintética xerada co modelo Celtia. . Características dos textos expositivos. (CC BY-NC-SA)



Tipos de textos expositivos

Segundo a información que se transmite, a quen vai dirixido e o soporte que se emprega para facelo chegar ao público, podemos distinguir dous tipos de textos expositivos: divulgativos e especializados.

Textos expositivos divulgativos

Tratan temas de interese xeral. Podémolos atopar, por exemplo, nos folletos explicativos, libros de texto, as enciclopedias, notas de prensa, revistas...

Textos expositivos especializados

Tratan sobre temas moi específicos e adoitan presentar un gran coñecemento do tema. Ademais empregan unha linguaxe técnica e complexa e diríxense a un público especialista na materia da que tratan. Algúns exemplos deste tipo de textos son os informes, artigos de investigación científica, monografías, teses doutorais...

Lectura facilitada

Segundo a información que transmite,

a quen vai dirixido

e o soporte que emprega,

podemos distinguir

dous tipos de textos expositivos.

Textos expositivos divulgativos: 

tratan temas de interese xeral.

Textos expositivos especializados: 

tratan sobre temas moi específicos.

Audio

Elaboración propia (Proxecto cREAgal) con apoio de IA, voz sintética xerada co modelo Celtia. . Tipos de textos expositivos. (CC BY-NC-SA)



Visualiza e opina

Estade atentos e atentas porque a continuación poderedes ver dous exemplos de vídeos de tipo expositivo.

Ollo! Hai algunha diferenza entre eles, logo teredes que responder a un cuestionario sobre os vídeos.

Agora gozade con eles.

Lectura facilitada

Cal é a diferenza?

Pregunta

Que tipo de texto expositivo oral cres que é o do primeiro vídeo: Unha ducia de cousas para darlle á lingua?

Respostas

Divulgativo

Especializado

Pregunta

Que tipo de texto expositivo oral cres que é o do segundo vídeo: Os mellores vídeos dos 21 días co galego e máis #DígochoEu?

Respostas

Divulgativo

Especializado

Pregunta

Que tipo de vocabulario se emprega na exposición do primeiro vídeo: Unha ducia de cousas para darlle á lingua?

Respostas

Vocabulario técnico, complexo e específico. 

Vocabulario sinxelo e cotián.

Pregunta

Que tipo de vocabulario se emprega na exposición do segundo vídeo: Os mellores vídeos dos 21 días co galego e máis #DígochoEu?

Respostas

Vocabulario técnico, complexo e específico. 

Vocabulario sinxelo e cotián.

Activar JavaScript

Enche os ocos coas palabras que faltan

Le os parágrafos que aparecen abaixo e completa coas palabras que faltan:

Segundo a información que se transmite, a quen vai dirixido e o soporte que se emprega para facelo chegar ao público, podemos distinguir dous tipos de textos expositivos: e .

Os textos divulgativos tratan temas de interese . Son exemplos os textos dos folletos explicativos, libros de , enciclopedias, notas de prensa, ...

Os textos especializados tratan sobre temas moi e adoitan presentar gran sobre o tema, empregando unha linguaxe e complexa; diríxense a un público na materia que tratan. Algúns exemplos deste tipo de textos son as teses , entre outros.

 

Activar JavaScript

Feito con eXeLearning (Nova xanela)