| Título | Conectamos co mundo! |
|---|---|
| Descrición |
Este é un recurso educativo aberto elaborado para a materia de Lingua Galega e Literatura de 1º de ESO e abrangue os contidos da unidade 6 da programación modelo de PROENS. O alumnado de 1º de ESO comeza unha nova etapa e tivemos isto en conta á hora de deseñar as actividades. Xa que logo, as tarefas serán variadas e compaxinarase o traballo individual co traballo de grupo, para fomentar a cohesión. Haberá tarefas orais, dixitais ou de uso do caderno. A situación de aprendizaxe que se propón consiste na creación dun blog de aula que sirva como palestra na que publicar contidos sobre o uso da Rede que axuden á mocidade a orientarse no mundo dixital de maneira segura e responsable. Nel traballaremos os seguintes contidos: |
| Persoas elaboradoras |
Beatriz González Blanco Carolina Pérez Capelo Eduard del Castillo Velasco |
| Organización | Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa. Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional. Xunta de Galicia. |
| Licenza | Licenza Creative Commons Recoñecemento Non comercial Compartir igual 4.0 |
| Identificación |
"Conectamos co mundo!"; ISSN (web): 3101-0040 |
Este contido foi creado con eXeLearning, o editor libre e de fonte aberta deseñado para crear recursos educativos.
