Saltar navegación

2.2. Aquí hai debate

A prohibición dos móbiles nos centros de ensino

Símbolo de prohibición de teléfonos móbilesA comezos do ano 2024, a Xunta de Galicia prohibiu o emprego dos teléfonos móbiles nos centros de ensino.

Deseguido, vas ver unha noticia da TVG relacionada con isto.

Presta atención ao que se conta na noticia para logo realizar as actividades. 

Preme no seguinte enlace para acceder á noticia: 

Galicia prohibirá os móbiles nos recreos, comedores e clases extraescolares

Lectura facilitada

A Xunta de Galicia prohibe o emprego dos teléfonos móbiles nos institutos.

Isto pasa dende comezos do ano 2024.

Agora vas ver unha noticia da TVG relacionada con isto.

Presta atención ao que se conta na noticia.

Logo vas realizar as actividades. 

Pulsa no seguinte enlace para acceder á noticia: 

Galicia prohibirá os móbiles nos recreos, comedores e clases extraescolares

Verdadeiro ou falso?

Despois de ver a noticia, indica se son verdadeiras ou falsas as seguintes afirmacións. 

Pregunta 1

1) A prohibición dos teléfonos móbiles entrou en vigor despois do Nadal de 2023 / 2024. 

Pregunta 2

2) Antes de que a Xunta impulsase esta medida, ningún instituto galego prohibira o emprego dos móbiles. 

Pregunta 3

3) Os móbiles estarán prohibidos nos recreos e no horario de comedor, pero poderán empregarse durantes as actividades extraescolares. 

Pregunta 4

4) Prohíbense os teléfonos móbiles nos centros para mellorar a convivencia escolar e evitar riscos asociados ás novas tecnoloxías. 

Pregunta 5

5) Despois desta medida, os móbiles non se poden empregar baixo ningún concepto nos centros escolares. 

As características da noticia

Pictograma de noticia

Unha noticia é un xénero xornalístico no que se informa sobre un acontecemento recente.

Poden ser textos escritos (por exemplo, as noticias dun xornal) ou audiovisuais (coma as noticias da televisión, por exemplo). 

Lembras as características principais da noticia? Para refrescar a memoria, realiza unha das seguintes actividades. 

Lectura facilitada

A noticia inclúese no xénero xornalístico.

Na noticia  infórmase sobre un acontecemento recente.

Poden ser textos escritos (noticias dun xornal).

Tamén poden ser textos audiovisuais (noticias da televisión). 

Recordas as características principais da noticia?

Para refrescar a memoria, realiza unha das seguintes actividades. 

OPCIÓN 1 - Escolle

Pregunta

Escolle en cada caso a opción correcta.

Despois, comproba se a noticia anterior sobre a prohibición dos teléfonos móbiles cumpre coas características que marcaches. 

1) Unha boa noticia ten que estar redactada con obxectividade, é dicir...

Respostas

a persoa que redacta a noticia debe dar as súas opinións sobre os acontecementos. 

a persoa que redacta a noticia non pode dar as súas opinións sobre os acontecementos. 

Retroalimentación

Pregunta

2) Os acontecementos que se contan nas noticias son...

Respostas

sucesos de interese público e recentes, acontecidos nas últimas horas ou nos últimos días. 

sucesos de interese público acontecidos hai bastante tempo. 

Retroalimentación

Pregunta

3) As noticias deben cumprir co principio de veracidade, é dicir... 

Respostas

teñen que ser fieis á realidade, contar feitos verdadeiros. Non se poden incluír na noticia datos dos que non se teñen certeza. 

teñen que ser fieis á realidade, contar feitos verdadeiros. Con todo, se non se coñece algún dato, sempre se pode inventar... 

Retroalimentación

OPCIÓN 2 - Marca as correctas

Pregunta

Marca as características da noticia que son correctas. 

A continuación, comproba que a noticia anterior sobre a prohibición dos teléfonos móbiles cumpre coas características que marcaches. 

Respostas

A noticia é veraz, é dicir, informa de feitos verdadeiros. 

A noticia é obxectiva, é dicir, quen a redactou non incluíu a súa opinión sobre os feitos contados. 

A noticia presenta as opinións persoais da persoa que a redactou. 

A noticia relata un suceso de interese xeral, algo que lle interese a un amplo sector da sociedade: estudantes, profesorado, familias...

A noticia relata un feito fantástico, imaxinado pola persoa redactora. 

A estrutura da noticia escrita divídese en titular, introdución e conclusión. 

A estrutura da noticia escrita divídese en titular, entrada e corpo. 

O titular da noticia aparece cunha letra de maior tamaño para chamar a atención dos lectores. 

As noticias máis relevantes dun xornal adoitan ir acompañadas dunha fotografía. 

Os feitos redactados na noticia son actuais, no momento en que saíu publicada era unha medida recente.

Retroalimentación

OPCIÓN 3 - Relaciona

As noticias deben informar obxectivamente sobre acontecementos veraces, actuais e de interese público. 

Une as características da noticia co seu significado. 

A continuación, comproba que a noticia anterior sobre a prohibición dos teléfonos móbiles cumpre estas catro características. 

{"typeGame":"Relaciona","author":"","randomCards":true,"instructions":"

As noticias deben informar obxectivamente sobre acontecementos veraces, actuais e de interese público. 

\n

Une as características da noticia co seu significado. 

\n

A continuación, comproba que a noticia anterior sobre a prohibición dos teléfonos móbiles cumpre estas catro características. 

","showMinimize":false,"itinerary":{"showClue":false,"clueGame":"","percentageClue":40,"showCodeAccess":false,"codeAccess":"","messageCodeAccess":""},"cardsGame":[{"url":"","x":0,"y":0,"author":"","alt":"","audio":"","color":"#000000","backcolor":"#ffffff","eText":"Veracidade","urlBk":"","xBk":0,"yBk":0,"authorBk":"","altBk":"","audioBk":"","colorBk":"#000000","backcolorBk":"#ffffff","eTextBk":"Na%20noticia%20debe%20contarse%20un%20acontecemento%20real%2C%20verdadeiro.%20"},{"url":"","x":0,"y":0,"author":"","alt":"","audio":"","color":"#000000","backcolor":"#ffffff","eText":"Obxectividade","urlBk":"","xBk":0,"yBk":0,"authorBk":"","altBk":"","audioBk":"","colorBk":"#000000","backcolorBk":"#ffffff","eTextBk":"Na%20noticia%20non%20se%20poden%20dar%20opini%C3%B3ns%20persoais%20sobre%20o%20acontecemento%20do%20que%20se%20informa."},{"url":"","x":0,"y":0,"author":"","alt":"","audio":"","color":"#000000","backcolor":"#ffffff","eText":"Actualidade","urlBk":"","xBk":0,"yBk":0,"authorBk":"","altBk":"","audioBk":"","colorBk":"#000000","backcolorBk":"#ffffff","eTextBk":"A%20noticia%20debe%20informar%20dun%20acontecemento%20recente."},{"url":"","x":0,"y":0,"author":"","alt":"","audio":"","color":"#000000","backcolor":"#ffffff","eText":"Interese%20p%C3%BAblico","urlBk":"","xBk":0,"yBk":0,"authorBk":"","altBk":"","audioBk":"","colorBk":"#000000","backcolorBk":"#ffffff","eTextBk":"A%20noticia%20debe%20informar%20dun%20acontecemento%20que%20lle%20interese%20a%20bastante%20xente."}],"isScorm":0,"textButtonScorm":"Gardar a puntuación","repeatActivity":false,"textAfter":"","version":1.3,"percentajeCards":100,"type":1,"showSolution":true,"timeShowSolution":3,"time":3,"evaluation":false,"evaluationID":"","id":"202549144839-120","msgs":{"msgSubmit":"Enviar","msgClue":"Xenial! A pista é:","msgCodeAccess":"Código de acceso","msgPlayStart":"Prema aquí para xogar","msgScore":"Puntuación","msgErrors":"Erros","msgHits":"Acertos","msgMinimize":"Minimizar","msgMaximize":"Maximizar","msgFullScreen":"Pantalla Completa","msgExitFullScreen":"Saír de pantalla completa","msgNoImage":"Pregunta sen imaxes","msgEndGameScore":"Antes de gardar a puntuación comece a partida.","msgScoreScorm":"A puntuación non se pode gardar porque esta páxina non forma parte dun paquete SCORM.","msgOnlySaveScore":"Só se pode gardar a puntuación unha vez!","msgOnlySave":"Só se pode gardar unha vez","msgInformation":"Información","msgYouScore":"A puntuación","msgAuthor":"Autoría","msgOnlySaveAuto":"A puntuación gardarase despois de cada pregunta. Só se pode xogar unha vez.","msgSaveAuto":"A puntuación gardarase automaticamente despois de cada pregunta.","msgSeveralScore":"Pódese gardar a puntuación tantas veces como se queira","msgYouLastScore":"A última puntuación gardada é","msgActityComply":"Xa realizaches esta actividade.","msgPlaySeveralTimes":"Pódese realizar esta actividade tantas veces como se queira","msgClose":"Pechar","msgAudio":"Audio","msgNumQuestions":"Número de cartas","msgTryAgain":"Necesitas polo menos un %s% de respostas correctas para conseguir a información. Volve tentalo.","msgEndGameM":"Remataches o xogo. A túa puntuación é %s.","msgUncompletedActivity":"Actividade non completada","msgSuccessfulActivity":"Actividade superada. Puntuación: %s","msgUnsuccessfulActivity":"Actividade non superada. Puntuación: %s","msgTypeGame":"Relaciona","msgCheck":"Comprobar","msgRestart":"Reiniciar"}}
O navegador non é compatible con esta ferramenta.

Fake news!

Pictograma de presentadorA veracidade é unha das características máis relevantes dunha noticia: os acontecementos relatados teñen que ser reais; na noticia non se poden inventar os feitos coma nos libros de contos. 

Con todo, este principio pode romperse e entón falamos de "noticias falsas", popularmente coñecidas co anglicismo "fake news". 

En grupos, explicade o que son as noticias falsas, para que se empregan e por que aumentaron tanto ultimamente. 

A continuación, escribide unha noticia falsa co seguinte titular: Os teléfonos móbiles volven aos institutos

Lectura facilitada

A noticia ten unha característica moi importante.

Os acontecementos que conta deben ser reais.

Non se poden inventar os feitos coma nos libros de contos. 

As "noticias falsas" coñécense tamén coma "fake news". 

En grupos, explicade o que son as noticias falsas.

Debedes comentar para que se empregan.

Tamén explicaredes por que aumentaron tanto ultimamente. 

Ides escribir unha noticia falsa co seguinte titular: Os teléfonos móbiles volven aos institutos. 

Aquí hai debate

O emprego dos teléfonos móbiles polo alumnado é un tema que suscita moito debate. Que opinas ti ao respecto?

  • Gustaríache que os teléfonos móbiles estivesen permitidos para o alumnado? Por que?
  • Consideras que a prohibición dos móbiles mellora realmente a convivencia?
  • Que riscos pode ter o emprego dos teléfonos móbiles nos centros de ensino?

Reflexiona sobre estas cuestións e, a continuación, debatédeas na clase. 

Creado con eXeLearning (Ventana nueva)