Saltar navegación

3.2. Cada xesto importa!

A importancia de ser amables

Imaxe de dúas persoas comunicándose por xestos

As persoas ao longo do día temos múltiples interaccións con outras: no  instituto, coa familia, coas amizades, nas actividades extraescolares ou en calquera outra situación.

Nestas interaccións sociais é fundamental ser persoas respectuosas coas demais.

Temos que evitar usos da linguaxe verbal que conteñan comentarios despectivos sobre a raza, o sexo, a orientación sexual, a condición física ou intelectual...

Ademais tamén evitaremos facer xestos de ameaza, obscenos ou calquera outro que poida intimidar os demais.

Lembra que a todas as persoas nos gusta que sexan amables con nós!

Lectura facilitada

Durante o día temos moita relación cos demais.

Relacionámonos en moitas situacións: no  instituto, coa familia, coas amizades...

Nas relacións sociais é importante respectar os demais.

Ao falar cos demais debemos evitar comentarios ofensivos.

Por exemplo, evitemos dicir comentarios ofensivos sobre a raza, o sexo, o físico...

Tamén evitaremos facer xestos de ameaza ou que poidan ofender.

A todas as persoas nos gusta que sexan amables con nós!

A gravar!

Agora convén que fagades unha reflexión en pequenos grupos sobre o lido anteriormente.

Despois faredes un traballo de investigación no que busquedes casos concretos coa linguaxe verbal ou non verbal.

Podedes coller xornais ou revistas, libros, etc. Tamén podedes comentar algún caso que coñezades.

A  partir desa selección elaboraredes  un guión con exemplos concretos nos que observedes usos discriminatorios.

Finalmente gravaredes pequenas pílulas informativas sobre este tema (en MP3) e logo engadiranse ao blog.

Lectura facilitada

Agora ides reflexionar en pequenos grupos sobre o lido antes.

Despois faredes un traballo de investigación.

No traballo buscaredes casos concretos de discriminación.

Eses casos poden ser coa lingua empregada ou cos xestos.

Podedes coller xornais ou revistas, libros, etc.

Tamén podedes comentar algún caso que coñecedes.

A  partir desa selección elaboraredes  un guión.

O guión levará exemplos concretos nos que observedes discriminación.

Finalmente faredes pequenas  gravacións sobre este tema (en MP3).

As gravacións engadiranse ao blog.

Creado con eXeLearning (Ventana nueva)