Saltar navegación

4.5. Diario de aprendizaxe

Lembra anotar as túas reflexións no diario de aprendizaxe!

Imaxe do diario de aprendizaxe no proxecto cREAgal. Amosa un lapis e un caderno co logotipo do proxecto na tapaLembra que, despois do material descargable, atoparás o diario de aprendizaxe. Convén que o vaias cubrindo cada vez que remates unha nova fase do reto.

Despois de moito traballo, ti e o teu grupo acadastes o reto final. Toca volver a vista atrás e reflexionar sobre todo o que aprendiches, as dificultades que atopaches, o que máis e menos che gustou... Para isto, cubre o cuarto apartado do diario de aprendizaxe (Fase 4: O poder da comunicación). 

Ten en conta, para cubrilo, as indicacións que che vaia dando o teu profesor ou a túa profesora.

Lectura facilitada

Acórdate que, despois do material descargable, atoparás o diario de aprendizaxe.

Cúbreo cada vez que remates unha nova fase do reto.

Chegamos ao final e toca reflexionar sobre o traballo: 

Que aprendiches?

Que dificultades atopaches?

Que che gustou máis ou menos?

Cubre o cuarto apartado do diario: Fase 4: O poder da comunicación. 

Segue as indicacións do teu profesor ou da túa profesora.

Creado con eXeLearning (Ventana nueva)