Glosario
Bitácora
Definición:
Páxina web, xeralmente en forma de diario persoal, que se actualiza regularmente e presenta contidos de interese. Adoita recibir comentarios das persoas lectoras. Este termo é sinónimo de blog.
Exemplo:
Estou lendo un blog de deportes de aventura moi interesante.
Fondos da biblioteca
Definición:
Catálogo de libros e outros materiais (documentos sonoros, documentos audiovisuais, obras de arte...) dunha biblioteca.
Exemplo:
Na biblioteca posúen un fondo de banda deseñada moi amplo.
Galipedia
Definición:
Enciclopedia en liña colaborativa escrita en lingua galega. As persoas que a dotan de contidos son persoas voluntarias.
Exemplo:
Busquei as dúbidas das tarefas na Galipedia.
Mensaxería instantánea

Definición:
Forma de comunicación en tempo real a través de mensaxes de texto, voz ou vídeo. Algúns exemplos desta mensaxería son WhatsApp, Telegram ou Discord. Esta comunicación pode darse entre dúas ou máis persoas.
Exemplo:
Voulle enviar un WhatsApp a miña nai para avisarlle de que chegarei un pouco máis tarde.
Xornais dixitais

Definición:
Xornais que podemos consultar por Internet e que se actualizan frecuentemente. Algúns deles teñen tamén a versión en papel e outras veces só existe a versión na Rede.
Exemplo:
Consultei a versión dixital de Nós Diario e así puiden enterarme da nova.