Glosario
Cancelo
Definición:
Palabra ou grupo de palabras que aparece precedida do símbolo # que funciona como ligazón e chave de busca. Tamén serve para etiquetar nalgunhas redes sociais.
Exemplo:
A iniciativa levaba o cancelo #unmundoxusto.
Chío
Definición:
Mensaxe curta na rede social X (antes Twitter). A plataforma Bluesky tamén lle dá o nome de chío a este tipo de mensaxe curta. Tamén é a voz do paxaro, un berro forte e agudo. Pode ser tamén sinónimo de protestar.
Exemplo:
Enviou un chío de apoio ao seu amigo.
Linguaxe inclusiva
Definición:
Linguaxe respectuosa que evita as discriminacións por razóns de sexo, xénero ou orientación sexual. Tamén evita os estereotipos sociais.
Exemplo:
Aprendeu como técnica para falar en público a utilizar unha linguaxe inclusiva, evitando os estereotipos.
Linguaxe neutra
Definición:
Linguaxe que evita facer referencias explícitas ao xénero. Pretende ser inclusivo e non sexista.
Exemplo:
Redactou o texto con linguaxe neutra, utilizando persoas lectoras no canto de lectores.
Quinta feira
Definición:
É o cuarto día da semana (xoves). Este termo pertence á denominación tradicional dos días da semana: segunda feira (luns),terceira ou terza feira (martes), cuarta ou corta feira (xoves), quinta feira (venres), sexta feira (sábado) e domingo.
Exemplo:
Na quinta feira iremos ao cine.
Rechouchío

Definición:
Compartir contido en X (antes chamada Twitter). Iso axuda a que máis persoas vexan a publicación orixinal. Agora tamén se utiliza este termo na plataforma Bluesky.
Exemplo:
O rechouchío resultou moi interesante.
