Lembra anotar as túas reflexións no diario de aprendizaxe!
Lembra que, despois do material descargable, atoparás o diario de aprendizaxe. Convén que o vaias cubrindo cada vez que remates unha nova fase do reto.
Neste reto vas aprender moito, pero seguro que xa sabes moitas das cousas que van aparecer. É posible que as coñezas do teu día a día ou que xa as estudases na primaria. Vaite á segunda parte do diario de aprendizaxe (Fase 2: Comeza a navegación), fai memoria dos coñecementos que posúes e cubre este apartado.
Ten en conta, para cubrilo, as indicacións que che vaia dando o teu profesor ou a túa profesora.
Lectura facilitada
Acórdate que, despois do material descargable, atoparás o diario de aprendizaxe.
Neste reto vas aprender moito, pero seguro que xa sabes moitas cousas que van aparecer.
Fai memoria dos coñecementos que xa posúes.
Cubre o segundo apartado do diario de aprendizaxe: Fase 2: Comeza a navegación.
Segue as indicacións do teu profesor ou a túa profesora.