Saltar navegación

4.3. O blog

Compartimos o que aprendemos

Pictograma de compartir unha idea

Ao longo deste REA creaches coas túas compañeiras e compañeiros diferentes contidos moi interesantes para a mocidade: pílulas informativas para evitar a linguaxe discriminatoria e tamén dípticos para concienciar sobre un uso responsable das novas tecnoloxías e da Rede. 

Trátase de aprendizaxes e recursos moi útiles e beneficiosos e cremos que sería bo compartilos co resto do alumnado do centro.

Hoxe en día temos ao noso alcance numerosas ferramentas para espallar contidos: o correo electrónico, as redes sociais, as páxinas web, os blogs... 

Que outras ideas se che ocorren a ti para difundir os vosos contidos no centro de ensino? Que ferramentas che parecen as máis axeitadas?

Lectura facilitada

Ao longo deste REA creaches coas túas compañeiras e compañeiros diferentes contidos.

Todos eses contidos son moi interesantes para a xente nova.

Creaches gravacións informativas para evitar a linguaxe discriminatoria.

Tamén fixeches dípticos para concienciar sobre un uso responsable de Internet. 

Trátase de aprendizaxes e recursos moi útiles e beneficiosos.

Cremos que sería bo compartilos co resto do alumnado do centro.

Hoxe en día temos ao noso alcance numerosas ferramentas para espallar contidos.

Algunhas delas son o correo electrónico, as redes sociais, as páxinas web, os blogs... 

Que outras ideas se che ocorren a ti para difundir os vosos contidos no centro de ensino? 

Que ferramentas che parecen as máis axeitadas?

O blog

Pictograma de blog

Unha ferramenta moi práctica para difundir contidos en Internet son os blogs e este será o medio que ides empregar para divulgar os vosos coñecementos. Pero, antes de nada, sabedes o que é un blog? Entrades nalgún blog regularmente? Sabedes como están organizados? 

Un blog é un sitio web organizado en publicacións que están ordenadas cronoloxicamente. Xeralmente, a persoa ou entidade que crea o blog actualízao regularmente e nas diferentes publicacións acostuma haber un espazo para que as persoas que as len poidan deixar os seus comentarios. 

Lectura facilitada

Unha ferramenta moi práctica para estender contidos en Internet son os blogs.

Este será o medio que ides empregar para mostrar os vosos coñecementos.

Pero, antes de nada, sabedes o que é un blog?

Entrades nalgún blog regularmente? Sabedes como están organizados? 

Un blog é un sitio web organizado en publicacións que están ordenadas temporalmente.

Xeralmente, a persoa ou organización que crea o blog actualízao regularmente.

Nas diferentes publicacións hai con frecuencia un espazo para comentarios

As partes dun blog

Pescuda en Internet sobre a organización dos blogs e completa o seguinte texto con estas palabras: 

internautas - columna principal - cronolóxica - comentarios - cabeceira - pé de páxina - buscador - título - barra lateral - publicacións - contidos - posts

Os blogs acostuman organizarse en catro espazos: a cabeceira, o espazo das entradas, a barra lateral e o pé de páxina. 

A sitúase na parte de arriba da páxina. Nela atopamos o do blog e, xeralmente, unha pequena introdución do contido da bitácora. É un espazo moi importante porque é o primeiro que verán os cando visiten o blog. 

As entradas ocupan a do blog. Tamén se denominan ou, popularmente, co anglicismo . A persoa que crea o blog actualízao regularmente, introducindo entradas con novos . As entradas adoitan aparecer por orde (das máis antigas ás máis recentes). Xeralmente, debaixo de cada entrada hai un espazo para os das persoas que len o blog. 

Ademais da columna principal, moitos blogs inclúen unha na que se poden incorporar diferentes elementos coma un ou un índice das entradas do blog. 

Finalmente, o sitúase ao final do sitio web. É un espazo fixo no que se adoita incluír información sobre a persoa ou a entidade que publica o blog. 

Activar JavaScript

Analizamos un blog

Agora que xa sabes como funcionan e se organizan os blogs, vas analizar un. 

En grupos de tres ou catro persoas, entrade nun dos seguintes blogs. Podedes visitar o que máis chame a vosa atención. 

Navegade polo blog escollido e analizade as seguintes cuestións no voso caderno: 

  • Título do blog
  • Temática do blog
  • Autoría do blog
  • Descrición da cabeceira: indicade que elementos a compoñen, se ten imaxes, se presenta unha introdución...
  • Publicacións: sinalade cantas entradas ten, cal é a máis recente, cal é a máis antiga, se hai espazo para comentarios...
  • Barras laterais: indicade que elementos se incorporan nestas barras: un buscador, un índice de categorías, enlaces... 
  • Pé de páxina: sinalade a información que se recolle no pé de páxina do blog. 
  • Outros elementos destacables

Lectura facilitada

Agora que xa sabes como funcionan e se organizan os blogs, vas analizar un. 

En grupos de tres ou catro persoas, entrade nun dos seguintes blogs.

Podedes visitar o que máis chame a vosa atención. 

Turismo de Galicia 
Aguas de Galicia 
Ler conta moito
21 días co galego
XenteDixital
Navegade polo blog escollido e analizade as seguintes cuestións no voso caderno

  • Título do blog
  • Tema do blog
  • Autoría do blog
  • Descrición da cabeceira: indicade que elementos a compoñen, se ten imaxes, se presenta unha introdución...
  • Publicacións: sinalade cantas entradas ten, cal é a máis recente, cal é a máis antiga, se hai espazo para comentarios...
  • Barras laterais: indicade que elementos se incorporan nestas barras: un buscador, un índice de categorías, enlaces... 
  • Pé de páxina: sinalade a información que se recolle no pé de páxina do blog.
  •  Outros elementos destacables

Creamos o noso propio blog

Pictograma de traballo en grupoAgora que xa sabedes como funcionan os blogs, chegou o momento de dar un paso adiante e converterse en creadores dun blog. 

A temática da vosa bitácora serán os contidos que traballastes neste REA: o emprego saudable de Internet, que inclúe comunicarse con respecto (evitando a linguaxe discriminatoria) e ser responsables nas nosas conexións (moderar o tempo que pasamos conectadas, evitar os riscos...). 

Imos organizarnos en grupos de tres ou catro persoas. Cada grupo deberá desenvolver as seguintes tarefas: 

  1. Deseñar unha cabeceira para o blog. Pensade un título suxestivo, que chame a atención dos internautas; escribide unha introdución de tres liñas para o voso blog e escollede unha boa imaxe que represente a bitácora. Despois, escolleredes a mellor cabeceira da clase. 
  2. Escribir dúas entradas para o blog. Nunha das entradas irá enlazada a pílula informativa que gravastes na fase 3.2. Na outra entrada incluiredes o díptico dixital que realizastes na fase 4.1. 
  3. Pensar que recursos sería interesante incluír nas barras laterais do blog. 
  4. Escribir o pé de páxina do blog. 

Realizaredes este traballo nun documento de texto e logo o profesorado encargarase de verter os vosos contidos nun blog vinculado á páxina web do centro. 

Unha vez que o blog estea publicado, visitaredes o blog e escribiredes un comentario nas entradas do resto dos grupos. 

Lectura facilitada

Agora que xa sabedes como funcionan os blogs, chegou o momento de crear un blog

A temática do voso blog serán os contidos que traballastes neste REA.

Algúns deses contidos son sobre o o emprego saudable de Internet. 

Imos organizarnos en grupos de tres ou catro persoas.

Cada grupo deberá desenvolver as seguintes tarefas: 

  • Deseñar unha cabeceira para o blog. 
  • Pensade un título que chame a atención.
  • Escribide unha introdución de tres liñas para o voso blog.
  • Escollede unha boa imaxe que represente o blog.
  • Despois, escolleredes a mellor cabeceira da clase. 
  • Escribir dúas entradas para o blog. 
  • Nunha das entradas irá enlazada a gravación informativa da fase 3.2.
  • Na outra entrada incluiredes o díptico dixital que realizastes na fase 4.1. 
  • Pensar que recursos sería interesante incluír nas barras laterais do blog. 
  • Escribir o pé de páxina do blog. 
  • Realizaredes este traballo nun documento de texto.
  • Logo o profesorado encargarase de verter os vosos contidos nun blog na páxina web do centro. 
  • Despois visitaredes o blog e escribiredes un comentario nas entradas do resto dos grupos. 

Creado con eXeLearning (Ventana nueva)