Saltar navegación

2. Comeza a navegación

 

Glosario

Astronomía

Pictograma de telescopio


Definición:

Ciencia que estuda os astros: a súa posición, os seus movementos, a súa formación, etc. 

Exemplo:

Antón é un gran afeccionado á astronomía, pasa horas ollando o firmamento co seu telescopio. 

Nick

Pictograma de chatear


Definición:

Anglicismo, abreviatura de "nickname", que se pode traducir ao galego como "alcume" ou "alias". Nome empregado nas conversas por Internet para manter o anonimato. 

Exemplo:

Gústalle moito a natureza e o seu nick nas redes sociais é Toxoverde. 

Noticia falsa

Pictograma de noticia


Definición:

Noticia que non cumpre o principio básico da veracidade: non conta un acontecemento verdadeiro, senón unha mentira.

Exemplo:

A noticia falsa espallouse coma a pólvora polas redes sociais. 

Comeza a navegación

Pictograma de navegaciónOs temas deste REA forman parte do día a día de calquera persoa da túa idade: as novas tecnoloxías, Internet, as redes sociais, os perigos da Rede... 

Por iso, nesta fase vas partir das túas propias experiencias coas novas tecnoloxías e expresarás as túas opinións e crenzas sobre temas que seguro que che interesan coma a Rede e os seus riscos ou a prohibición dos teléfonos móbiles nos centros de ensino. 

Por outra banda, tamén refrescarás as características principais das noticias e crearás unha "noticia falsa". 

Comeza a navegación! 

Lectura facilitada

Os temas deste REA forman parte do día a día de calquera persoa da túa idade.

 Tratan sobre as novas tecnoloxías, Internet, as redes sociais, os perigos de Internet. 

Nesta fase vas partir das túas propias experiencias coas novas tecnoloxías.

Darás a túa opinión sobre temas como Internet e os seus riscos, crenzas...

Ademais podes opinar sobre a prohibición dos teléfonos móbiles nos institutos. 

Tamén repasarás as características principais das noticias.

Logo crearás unha "noticia falsa". 

Comeza a navegación! 

Creado con eXeLearning (Ventana nueva)