Saltar navegación

3.3. Diario de aprendizaxe

Lembra anotar as túas reflexións no diario de aprendizaxe!

Imaxe do diario de aprendizaxe no proxecto cREAgal. Amosa un lapis e un caderno co logotipo do proxecto na tapaLembra que, despois do material descargable, atoparás o diario de aprendizaxe. Convén que o vaias cubrindo cada vez que remates unha nova fase do reto.

Rematamos a fase 3 e estamos moi preto de acadar o reto. As actividades do terceiro apartado do diario de aprendizaxe (Fase 3: Navegamos con respecto) serviranche para reflexionar sobre os coñecementos que precisas para acadar os obxectivos, os posibles problemas que se poden presentar e o mellor xeito de resolvelos. 

Cubre este apartado do diario tendo en conta as indicacións que che vaia dando o teu profesor ou a túa profesora.

Lectura facilitada

Acórdate que, despois do material descargable, atoparás o diario de aprendizaxe.

Cúbreo cada vez que remates unha nova fase do reto.

Cubre o terceiro apartado do diario (Fase 3: Navegamos con respecto). 

Reflexionarás sobre o reto: os coñecementos necesarios, as dificultades e as solucións. 

Segue as indicacións do teu profesor ou a túa profesora.

Creado con eXeLearning (Ventana nueva)