Lembra anotar as túas reflexións no diario de aprendizaxe!
Lembra que, despois do material descargable, atoparás o diario de aprendizaxe. Convén que o vaias cubrindo cada vez que remates unha nova fase do reto.
Nesta primeira fase descubriches o reto que terás que acadar xunto cos teus compañeiros e coas túas compañeiras: crear un blog sobre as novas tecnoloxías e o seu uso responsable.
É importante que teñas ben claro o que ides facer e os pasos que seguiredes. Para isto, convidámoste a cubrir a primeira parte do diario de aprendizaxe (Fase 1: Un mar de posibilidades).
Ten en conta, para cubrilo, as indicacións que che vaia dando o teu profesor ou a túa profesora.
Lectura facilitada
Acórdate que, despois do material descargable, atoparás o diario diario de aprendizaxe.
Nesta primeira fase descubriches o reto: crear un blog de aula sobre as novas tecnoloxías.
É importante ter claros os pasos a seguir para conseguir o reto.
Cubre a primeira parte do diario de aprendizaxe (Fase 1: Un mar de posibilidades).
Segue as indicacións do teu profesor ou a túa profesora.