Saltar navegación

1.1. E agora a explorar!

Agora exploramos!

Imaxe de tres membros dun grupo traballando arredor dunha mesa vermella dunha

A continuación, achegamos unha serie de preguntas para preparar o voso traballo de investigación sobre a Rede.

Este traballo farédelo en grupo e de maneira cooperacional. 

Repartiredes as preguntas entre cada grupo e despois poredes toda información en común.

Esa información resultado de xuntar todo o traballo dos equipos recollerase nun documento conxunto, que posteriormente (na fase 4) servirá para elaborar o díptico. 

Preguntas: 

  • Cal é a orixe das redes sociais?
  • Que tipos de redes sociais existen?
  • Cales son as vantaxes e cales as desvantaxes do emprego das redes sociais?
  • Cal é a idade mínima para acceder ás redes sociais en España?
  • Cales son os principais perigos da Rede?
  • Como se poden previr os riscos da Rede?
  • Que é a intelixencia artificial? Que usos coñeces dela?

Engadide vós calquera outra cuestión que vexades de interese para o proxecto.

Lectura facilitada

Agora imos facer o traballo de investigación sobre Internet.

Este traballo é en grupo.

Cada grupo ten unhas cuestións para buscar.

Logo xuntades toda a información en común.

Con toda a información recollida faise un documento.

Na fase 4 usaremos o documento para facer un díptico.

Temas de busca:

  • Orixe das redes sociais
  • Tipos de redes sociais
  • Vantaxes e desvantaxes das redes sociais
  • Idade mínima para ter redes sociais en España
  • Principais perigos de Internet
  • Maneiras de protexerse dos riscos de Internet
  • A intelixencia artificial e o seu uso

Quredes engadir algo máis?

Podedes comentar as ideas co grupo.

Moito ánimo!

Estratexias de cortesía e cooperación

Á hora de elaborar o traballo, lembra ter en conta as seguintes recomendacións:

  • Debes ser unha persoa respectuosa cos demais membros do grupo. 
  • Escoita atentamente as intervencións dos membros do grupo.
  • Agarda a túa quenda para intervir.
  • Se estás en desacordo con algo, transmíteo de maneira respectuosa.
  • Intenta non berrar nin facer xestos que poidan molestar os demais.
  • Non utilices palabras ofensivas ou discriminatorias para dirixirte aos demais membros do grupo. 

Lectura facilitada

Para  facer o traballo segue estes consellos:

  • Respecta as persoas do grupo. 
  • Escoita atentamente cando alguén do grupo fala.
  • Agarda a túa quenda para intervir.
  • Dille ao teu grupo as cousas que che molestan con respecto.
  • Non berres.
  • Evita facer xestos ofensivos.
  • Non digas palabras ofensivas ou discriminatorias.

Creado con eXeLearning (Ventana nueva)