Saltar navegación

4. O poder da comunicación

 

Glosario

Clic

Icona de vídeo en liña

Definición:

Leve presión que se fai para poñer en funcionamento os botóns do rato do ordenador. 

Exemplo:

Fixen clic co rato para pechar o explorador. 

Internauta

Pictograma de chatear

Definición:

     Persoas que empregan Internet. 

Exemplo:

Os internautas enteráronse axiña das últimas novidades. 

Sitio web

Pictograma de páxina web

Definición:

Páxina web. 

Exemplo:

Entramos no sitio web do instituto para consultar os horarios. 

O poder da comunicación

Imaxe dunha persoa explicando un panel cunhas gráficas

Chegou o momento de recompilar o traballo realizado nas fases anteriores e mostralo ao mundo!

Para iso, vas empregar varias ferramentas que descubrirás nesta fase. 

Primeiramente, aprenderás a deseñar un díptico dixital que servirá para difundir os teus coñecementos sobre a Rede. 

En segundo lugar, coñecerás as partes do correo electrónico e enviarás un correo formal a unha entidade social.

Finalmente, entre toda a clase crearedes un blog de aula que vos servirá para espallar todo o coñecemento adquirido neste REA. 

Lectura facilitada

Chegou o momento de recompilar o traballo feito ata aquí!

O obxectivo é ensinarlle ao mundo o que fixestes. 

Para iso, vas empregar varias ferramentas. 

Primeiramente, aprenderás a deseñar un díptico dixital.

A través do díptico publicarás os teus coñecementos sobre a Rede.

En segundo lugar, aprenderás a escribir correos electrónicos. 

Enviarás un correo formal a unha entidade social.

Finalmente, entre toda a clase crearedes un blog de aula.

O blog serviravos para publicar todo o que aprendestes neste REA. 

Creado con eXeLearning (Ventana nueva)