Saltar navegación

4.2. Cun só clic...

Cun clic chegamos lonxe!

Imaxe dun pictograma coa figura dunha persoa sorindo e debaixo o esquema de como se escribe un correo electrónico


Seguramente na túa contorna observas que frecuentemente as persoas reciben e envían correos electrónicos. 

Así é, o correo electrónico é  un medio moi estendido para comunicarse, sobre todo dentro do ámbito profesional, xa  que resulta moi útil.

Esta canle permítenos poder reflexionar con calma sobre o contido que imos escribir, repasar a ortografía, o léxico empregado...

Ademais temos a vantaxe de que podemos programar tamén cando queremos envialo e envíar arquivos adxuntos.

Neste apartado imos ver que é exactamente un correo electrónico, cales son as súas partes e como se envía. 

Logo proporemos unha serie de actividades onde practiquemos o uso desta canle de comunicación moi similar á carta.

Lectura facilitada

Moitas persoas reciben e envían correos electrónicos. 

O correo electrónico úsase moito, sobre todo nos traballos.

Permite repasar e corrixir as mensaxes escritas.

Podemos programar cando queremos envialo e envíar arquivos.

Imos ver que é un correo electrónico, cales son as súas partes e como se envía. 

Logo faremos unha serie de actividades para practicar o seu uso.

Que é un correo electrónico?

Un correo electrónico é un servizo de intercambio de mensaxes  que se envía a través de Internet por medio dun ordenador ou outro dispositivo electrónico. Non se trata de mensaxería instantánea, senón que ten un estilo máis parecido á da carta. Permítenos escribir textos longos a unha ou varias persoas ou entidades destinatarias.

Lectura facilitada

Un correo electrónico é unha mensaxe  que se envía a través de Internet.

Pódese utilizar un ordenador ou outro dispositivo electrónico.

Non chega en tempo real, ten un estilo parecido ao da carta.

Permítenos escribir textos longos a unha ou varias persoas.

Partes dun correo electrónico

Podemos dividir o correo electrónico en seis partes fundamentais:

Asunto

Breve resumo do contido do argumento. Cando se trata de algo urxente convén poñelo xa aquí.

Remitente

Persoa  (ou entidade) á que vai dirixido o correo electrónico.

Destinatario

Trátase do enderezo do correo electrónico ao que imos enviar o noso correo. Podemos enviar a varios destinatarios á vez.

Sinatura

Información sobre a persoa destinataria: nome, cargo...

Adxuntos

Son os arquivos que podemos engadir de forma adicional.

Lectura facilitada

Asunto

Breve resumo do contido do argumento.

Cando se trata de algo urxente convén poñelo xa aquí.

Remitente

Persoa  ou organismo á que vai dirixido o correo electrónico.

Destinatario

É o correo electrónico ao que imos enviar o noso correo.

Podemos enviar a varias persoas á vez.

Sinatura

Información sobre a persoa á que se dirixe: nome, cargo...

Adxuntos

Son os arquivos que podemos engadir se queremos.

Como se envía un correo electrónico?

O correo electrónico é moi sinxelo de enviar. Temos que seguir os seguintes pasos:

  • Acceder á conta de correo electrónico. Para ter unha conta de correo electrónico como norma xeral débese ter 14 anos, nalgunhas contas de correo pódese ter 13 anos con consentimento parental.
  • Redactar o corpo do correo.
  • Escribir o asunto.
  • Escribir o destinatario onde pon "para".
  • Asinar o documento.
  • Xuntar un arquivo (se é o caso).
  • Revisar e darlle ao botón de  enviar.

Lectura facilitada

O correo electrónico é fácil de enviar. Segue estes pasos:

  • Entra na conta de correo electrónico.
  • Redacta o corpo do correo.
  • Escribe o asunto.
  • Escribe o destinatario onde pon para.
  • Pon o teu nome no  documento.
  • Introduce o arquivo (se necesitas).
  • Revisa e dálle ao botón de  enviar.

Para ter unha conta de correo electrónico como norma xeral débese ter 14 anos, 13 co permiso da familia.

Exemplo de correo electrónico

Fai clic para ver o exemplo de correo electrónico - Abre nunha nova xanela

Redactamos correos

Imaxe dun correo para enviar

Agora que xa vimos como se escribe un correo imos pór en práctica o que sabemos.

Para iso imos traballar en pequeno grupo. 

Temos que redactar unhas propostas de correo electrócnico. 

A finalidade destes correos é dar a coñecer e difundir o díptico que previamente fixemos no apartado anterior.

Primeiramente, imos coller varios folios e facer un borrador coas propostas de correo electrónico.

Cada grupo pode presentar dúas ou tres propostas.

De todas esas propostas faremos unha selección e servirán de modelo para logo redactar os correos reais.

Por último, enviaremos eses correos co díptico como arquivo adxunto a distintas entidades sociais. 

Os correos enviaranse polo docente mediante unha conta de correo corporativo do centro. 

Lectura facilitada

Agora imos practicar.

Para iso ides traballar en pequeno grupo

Ides redactar unhas propostas de correo electrócnico. 

A finalidade destes correos é mostrar o díptico elaborado.

 Ides  facer un borrador en folio con varias propostas de correo.

Cada grupo pode presentar dúas ou tres propostas.

De todas esas propostas faredes unha selección.

As propostas escollidas servirán de modelo para redactar os correos reais.

Por último, enviaremos eses correos co díptico nun arquivo.

Enviaremos o correo a distintos organismos sociais. 

Os correos enviaranse dende unha conta de correo  do centro. 

Creado con eXeLearning (Ventana nueva)