Saltar navegación

Producimos

Equipo de produción

Pictograma con elementos tecnolóxicos

Elixe unha aula ampla do teu centro. O máis aconsellable é que conte cunha pantalla grande e/ou proxector, que estea illada de ruídos e que posúa unha boa acústica.

Consulta a súa dispoñibilidade co equipo directivo e acorda as sesións dirixidas a esta actividade. Dependerá da capacidade da aula, os grupos clase que poden estar simultaneamente nela.

A continuación deseña un calendario de “representacións / proxeccións” presentadas e guiadas polos elaboradores do traballo, que sodes ti e o resto do teu grupo.

Elabora un cartel que conteña toda a información anterior xunto con algunha imaxe ou imaxes atractivas que susciten a curiosidade dos demais. Non te esquezas das entradas!

A túa estrea debe estar ben planificada e crear expectación.

Lectura facilitada

Este é o teu traballo:

  • elixe a aula para a proxección.
  • fai o calendario das representacións.
  • elabora o cartel e as entradas.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)