Que é o musical?
O musical
O musical é un xénero teatral que combina a actuación con música, canto e danza para contar unha historia. As cancións, os diálogos e as coreografías mestúranse para dar sentido aos acontecementos.
Orixe
Considérase que o musical nace como unha evolución da ópera cando esta muda a versións menos elitistas e máis populares, mesturándose con expresións artísticas máis próximas ao público. A primeira representación dun musical tivo lugar no 1866 en Nova York e pronto acadou un grande éxito. Converteuse nun xénero moi popular durante o século XX, destacando Broadway (Nova York) e o West End (Londres) como as grandes sedes do musical.
O alcance deste xénero foi máis aló dos teatros ata conectar co cine, sendo habituais as adaptacións de películas que se inspiraron en musicais, ou mesmo musicais que naceron de películas exitosas. Este feito achegou o xénero a un público máis amplo, facéndoo máis accesible e dotándoo de novas posibilidades creativas e tecnolóxicas.
Compositores
Destacan os seguintes compositores:
- Andrew Lloyd Webber ("O fantasma da ópera" ou "Cats")
- Leonard Bernstein ("West Side Story")
- Claude-Michel Schönberg ("Os miserables")
- Lin-Manuel Miranda ("Hamilton")
Lectura facilitada
O musical é un xénero teatral que combina música, canto e danza.
É unha versión máis popular da ópera, destinada a todo o público.
A primeira representación dun musical foi no ano 1866.
Fíxose moi popular en Nova York e en Londres.
Hai películas inspiradas en musicais e tamén hai musicais inspirados en películas.




