Saltar navegación

Ambientamos

Equipo de escenografía

Imaxe da preparación dunha obra de teatro no escenario

O equipo de produción acordou co equipo directivo cal é a aula elixida para a estrea.

Deberás acondicionala:

  • Escurecela, se é preciso.
  • Colocar as cadeiras ou similares (bancos, xergóns, alfombras...).
  • O máis importante, facer dela un auténtico teatro.

Podes poñer un pano fabricado con teas ou papel. Realizar un decorado que responda ás necesidades da música dramática. E todo aquilo que se che ocorra para que o público se sinta nun patio de butacas e non nunha aula.

Lectura facilitada

Deberás acondicionar a aula:

  • Escurecela
  • Colocar os asentos
  • Decorala como un teatro

Feito con eXeLearning (Nova xanela)