Saltar navegación

3.1. As profesións vinculadas á música escénica

Quen traballa aquí?

Imaxe dunha escenografía nun teatro

Para realizar unha representación de música dramática, para que a escena cobre vida ante o público, son necesarios unha variedade de profesionais, ademais dos cantantes e os instrumentistas. Non todo é música!

Seguro que estás pensando quen son pero ao mellor non sabes como se denominan os seus traballos ou hai algún detalle que se che escapa. Imos coñecer as principais funcións deste colectivo de profesionais da cultura:

En toda representación teatral musical sempre hai unha dirección de produción, unha dirección musical e unha dirección de escena (rexedoría). Así que a falta dunha temos tres direccións, incluso podemos ter máis. E entón quen manda?

  1. A dirección de produción exerce o liderado da representación. É a que organiza o funcionamento das persoas que traballan nela.
  2. A dirección musical na música escénica está encarnada pola persoa que dirixe a orquestra ou a agrupación musical que acompaña a representación.
  3. A dirección de escena ou rexedoría encárgase de realizar os ensaios e dirixir as representacións. Nada se move no teatro sen a súa orde.
  • Guionistas ou libretistas son as persoas encargadas de escribir a historia que se vai representar.
  • Os profesionais da escenografía son as persoas encargadas dos decorados, das mudas dos mesmos e dos "útiles", dos obxectos cos que os intérpretes entran a escena.
  • O equipo de estilistas está composto por profesionais de vestiario, peiteado e maquillaxe. Teñen como obxectivo definir cada personaxe polo seu aspecto físico.
  • Profesionais da iluminación. Son as persoas encargadas de centrar a atención do público nas diferentes accións que teñen lugar no escenario e facilitar o seu entendemento así como de crear diferentes atmosferas segundo as esixencias do guión.
  • Equipo de son. Aínda que na ópera e na zarzuela son practicamente inexistentes, cando a representación se realiza nun teatro ou nun auditorio, si están presentes nos musicais. Do seu "tacto" e coidado no tratamento da recollida de son e posterior emisión dependerá en gran medida a apreciación do público.
Imaxe de tres actrices interpretando un entremés

Como ves hai moitos e diversos profesionais traballando para que o espectáculo se realice. Podes pescudar máis no tema visitando as seguintes páxinas:

ESCOLA SUPERIOR DE ARTE DRAMÁTICA DE GALICIA (abre nova xanela)

CULTURA DE GALICIA. ARTES ESCÉNICAS (abre nova xanela)

Lectura facilitada

Profesións escénicas:

  • Director ou directora de produción: persoa que dirixe a compañía teatral ou de ópera.
  • Director ou directora musical: persoa encargada da música. Adoita ser quen dirixe a orquestra.
  • Rexedor ou rexedora: persoa que dirixe os ensaios e as actuacións. 
  • Guionista ou libretista: persoa que escribe a historia.
  • Escenógrafos e escenógrafas: persoas encargadas dos decorados.
  • Estilistas: profesionais de vestiario, salón de peiteado e maquillaxe.
  • Técnicos de luz: profesionais encargados de iluminar o espectáculo.
  • Técnicos de son: profesionais encargados de recoller e amplificar o son.

Podes aprender máis nestas páxinas:

ESCOLA SUPERIOR DE ARTE DRAMÁTICA DE GALICIA (abre nova xanela)

CULTURA DE GALICIA. ARTES ESCÉNICAS (abre nova xanela)

Comproba canto aprendiches.

Le o parágrafo seguinte e escribe as palabras que faltan.

Os ensaios dunha representación escénica están dirixidos polo rexedor ou rexedora da compañía, son o ou a  de .

As persoas encargadas de caracterizar os personaxes denomínanse .

As persoas responsables de iluminar a representación son os técnicos de .

Os técnicos de encárganse de recoller o son das voces e dos instrumentos para o público no caso de ser necesario.

Os profesionais que se encargan dos decorados son os e as  .

A persoa responsable dunha compañía de ópera ou teatral é o ou a de produción.

O director ou directora da orquestra adoita encargarse da dirección .

Activar JavaScript

E ti que queres ser?

Pictograma de tres persoas en fila agardando fóra dunha oficina para ser atendidas

Estás ás portas da realización do reto final e para iso é preciso saber que rol queres desempeñar nel.

É unha mágoa, pero non temos un teatro á nosa disposición e debemos adaptar as profesións á nosa meta. Para acadar o reto precisas organizar o grupo en catro equipos de traballo: 

  • Equipo de guionistas
  • Equipo de escenografía
  • Equipo de técnicos de gravación e edición
  • Equipo de produción (organización e difusión do evento)

Elixe dúas das profesións explicando por que es a persoa axeitada para desempeñalas.

Formulario para realizar a actividade de elixir a profesión. Ao premer ábrese o documento PDF E ti que queres ser?, abre en nova xanela

Lectura facilitada

Para o noso reto precisamos:

- Equipo de guionistas
- Equipo de escenografía
- Equipo de técnicos de gravación e edición
- Equipo de produción (organización e difusión do evento)

Elixe as dúas que máis che gusten.

Preme para abrir o documento coa tarefa.

Formulario para realizar a actividade de elixir a profesión. Ao premer ábrese o documento PDF E ti que queres ser?, abre en nova xanela

Reto

Na realización do reto final desempeñarás dous roles:

  1. Formarás parte dun dos equipos de traballo.
  2. Serás intérprete das músicas incluídas no vídeo.

A partir de agora comezan as gravacións. Terás que ter en conta unha serie de recomendacións:

  • É preferible que utilices un trípode para soster a cámara.
  • Terás que anotar o número de tomas e sinalar cales son as boas para unha posterior edición.
  • Non utilices zoom dixital.
  • Para poder realizar un bo traballo de edición deixaremos sempre un espazo de tempo de entre 3 e 4 segundos antes e despois de cada toma.
  • O son é moi importante, se dispuxeras de algún dispositivo de gravación adicional lembra poñelo o máis preto posible da fonte sonora.

Lectura facilitada

No reto terás dúas ocupacións:

  1. Formarás parte dun equipo de traballo.
  2. Interpretarás música.

Para gravar ten en conta estas recomendacións:

  • Emprega trípode para a cámara.
  • Anota o número das tomas.
  • Non utilices zoom.
  • Deixa 4 segundos ao comezo e ao final.
  • Se podes, grava o son con outro dispositivo.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)