Cámara e acción
Tócache afrontar o reto final, pero non partes de cero. Que tes feito até o de agora?
Tes todas as gravacións musicais precisas para exemplificar a música dramática. O teu traballo como intérprete está rematado.
Que che falta por facer?
Nestes intres xa coñeces a que equipo de traballo pertences (guionistas, produción, técnico ou escenografía). Ao igual que nun teatro, aquí tamén é importante a colaboración para a representación final. Chegou o momento de diversificar o traballo. Localiza as funcións do teu equipo accedendo ao apartado correspondente que está a continuación desta explicación.
Lembra que este reto depende da implicación de todos e todas. Xa case está!
Lectura facilitada
As gravacións musicais xa están feitas
Formas parte dun equipo de traballo.
Busca as túas funcións a continuación.
Este reto depende do esforzo de todos os equipos.