Glosario
Claqueta
Definición:
Obxecto de madeira empregado nas gravacións audiovisuais para iniciar as diferentes tomas.
Exemplo:
A actriz escoitou a claqueta e púxose a cantar.
Editar
Definición:
No campo audiovisual refírese ao proceso de organizar as tomas para a divulgación dun produto final.
Exemplo:
Revisamos máis de vinte tomas para editar a reportaxe da festa.
Estrea

Definición:
Primeira presentación en público dunha actividade preferentemente artística.
Exemplo:
Asistín á estrea da película máis premiada dos Premios Mestre Mateo.
Tomas
Definición:
Fragmentos filmados da mesma secuencia co obxectivo de escoller a máis adecuada.
Exemplo:
Fixeron tres tomas do coro final.