Glosario
Auditorio
Definición:
Edificio destinado a representacións artísticas, preferentemente musicais.
Exemplo:
Onte publicaron a programación do Auditorio de Galicia para este outono.
Escenario
Definición:
Espazo acoutado dun teatro ou auditorio no que se realizan as actuacións.
Exemplo:
A representación comezaba co escenario totalmente a escuras.
Teatro
Definición:
Construción destinada á representación de espectáculos escénicos.
Exemplo:
Fomos ao teatro a ver a representación de Iriña bailarina, o teu conto favorito.
As partes dun teatro ou auditorio.