Saltar navegación

2.2. E ti, que escoitas?

Mural

Agora tes que afondar un pouquiño na música que che gusta.

Pensa un momento na música que escoitas: que cantante recomendas? que tipo de voz ten?

Imos construír un mural (físico ou virtual) no que debes incluír o nome completo, a fotografía do teu cantante favorito, o título dun tema e darlle un lugar dentro da clasificación dos tipos de voces.

Se o mural do teu grupo é virtual, ademais da foto e da clasificación, deberás de incluír un enlace ao premer na foto dunha canción de dito intérprete.

Por exemplo Shakira, tipo de voz contralto. (preme na imaxe para escoitala)

Imaxe de Shakira bailando

Lectura facilitada

Tes que participar nun mural colaborativo.

Escolle un dos teus intérpretes favoritos.

Precisas a seguinte información:

- nome completo

- unha fotografía

- o seu tipo de voz

- unha canción súa

Mapa visual

Pictograma dun mapa conceptual


Unha vez que recordaches os diferentes tipos de voces, debes crear un esquema no teu caderno engadindo todos os tipos de voces e diferenciando entre os femininos e os masculinos. Para completar a información, revisa o mural colaborativo e engade ao teu mapa visual un exemplo para cada tipo de voz.

Lectura facilitada

Fai un esquema dos tipos de voces.

Engade un exemplo para cada tipo, revisa o mural colaborativo.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)